"Vostok" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CAPITAIS
Capital do kraj de Primorje, ou do Litoral, Rusia (623.000 h [1997). Porto importante no mar de Xapón e terminal do ferrocarril transiberiano, ten estaleiros, construcións mecánicas e de maquinaria para o tratamento do peixe e para a industria da balea. Fundada en 1860, converteuse en porto militar (1872) pola súa importancia estratéxica. En 1920 os revolucionarios tomaron o poder, pero foron aniquilados pola intervención dos xaponeses, que foron expulsados en 1922.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira serie de vehículos espaciais tripulados da URSS, cos que tiveron lugar os primeiros voos orbitais. O Vostok 1 (1961) foi tripulado polo primeiro cosmonauta, Juri Aleksejevič Gagarin, e o Vostok 6 (1963) por Valentina Terečkova.
-
LAGOS
Lago subglacial situado a 4.000 m baixo a superficie da Antártida. Ten 250 km de longo e 50 km de ancho, cunha superficie de 14.000 km2 e un volume de 5.400 km3 de auga doce. Descuberto en 1996, comezou a ser perforado en 1999 para a súa prospección científica.
VER O DETALLE DO TERMO