"Wittenberg" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
DUCADOS
Territorio alemán formado a raíz da partición do ducado de Saxonia en 1260 para Alberte II (?-1298), fillo segundo do duque Alberte I de Saxonia, da dinastía de Ascania. En 1356 os duques de Saxonia-Wittenberg recibiron a confirmación da dignidade electoral. Á morte do derradeiro Ascania (1422) o ducado e a dignidade electoral pasaron (1423) ao margrave Federico III de Misnia, da dinastía de Wettin, que se converteu no elector Federico I de Saxonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, situada á beira dereita do Elba (50.100 h [1990]). Porto fluvial, ten industrias químicas, mecánicas, electrotécnicas, de papel e de xabón. Converteuse en sede da dinastía Ascania dos duques de Saxonia, e despois (s XV) da dos Wettin. Conserva o castelo (1500?), onde Lutero en 1517 fixo á porta da igrexa as súas 95 teses.
VER O DETALLE DO TERMO