"Xallas" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadoiro do río Xallas na súa desembocadura na ría do Ézaro, no lugar do Cadoiro, no límite entre as parroquias (e concellos) do Pindo (Carnota) e do Ézaro (Dumbría). É o único río do continente europeo que desemboca nun cadoiro. A fervenza prodúcese por mor da resistencia á erosión do Monte Pindo, litoloxicamente un batolito de granito de biotita, que o caudal do río non é capaz de desgastar. A construción do encoro de Santa Uxía privou o curso do seu caudal, deixando o leito seco, sen respectar o caudal ecolóxico mínimo legalmente establecido. En agosto de 2000 a compañía titular da presa accedeu a proporcionar caudal ao río durante o mediodía de todos os domingos.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santa Comba na década de 1990. Estaba dirixida por Xosé Manuel Lema e integrada no Grupo Líder. Primeiro foi editada coa cabeceira O Tambre-Xallas, para pasar a denominarse El Periódico de Xallas, A Barcala e Santiago, pero a partir de 1998 adoptou a de El Confidencial de Xallas-A Barcala. Incluíu información de carácter municipal, cultural e de sociedade de Ames, Braña, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Tordoia.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente do Tambre pola dereita que nace na parroquia de Arzón e desemboca na de Lueiro (Negreira).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente atlántica. Nace a 400 m de altitude no monte Castelo, nos límites entre Coristanco e Tordoia a partir dos regatos Vilamaior, Castiñeiras e Bazar. O seu curso forma meandros e divídese en varios brazos que forman pequenas illas. Recibe, entre outros afluentes, o Abuín e o Beba, ambos os dous pola esquerda. Baña os concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas e forma o límite entre os de Mazaricos, Carnota e Dumbría. No seu curso construíronse cinco centrais hidroeléctricas. Desemboca, despois dun percorrido de 64,5 km e unha conca de 504 km2, na enseada do Ézaro, formando unha fervenza.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Parroquia do concello de Santa comba. baixo a advocación de San pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca rural situada na parte occidental do interior da provincia da Coruña (42° 56’ 57’’ N - 8° 04’ 59’’ O. Limita ao N coa comarca de Bergantiños (Coristanco), ao L coas de Ordes (Tordoia), Santiago (Val do Dubra), A Barcala (A Baña e Negreira), ao S coas comarcas de Noia (Outes) e Muros (Muros e Carnota) e ao O coas da Terra de Soneira (Zas) e Fisterra (Dumbría). Abrangue 391 km2cunha poboación de 16.563 h [2001] distribuída nos concellos de Mazaricos (187,3 km2; 5.769 h [2001]) e Santa Comba (203,7 km2; 5.769 h [2001]). A vila de Santa Comba é a reitora da comarca, un dos tradicionais centros de mercado que organiza o sistema rural de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Xallas constitúe un territorio intermedio dentro da provincia da Coruña entre as terras que descenden cara á costa atlántica, ao N, e as que forman as comarcas que rodean o río Tambre. Trátase dunha extensa chaira pola que discorre o curso do río Xallas. Unha meseta perfectamente... -
GALICIA
Comarca natural situada na parte suroccidental da provincia da Coruña. Está delimitada pola conca do río Xallas e abrangue os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Zas e Carnota. É unha zona chá con outeiros de cimas redondeadas de escasa altitude e vales de fondo plano.
VER O DETALLE DO TERMO