"Xava" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Instrumento dos ferradores para rebaixar os pezuños do gando vacún e equino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Sonda, pertencente a Indonesia (129.018 km2; 121.352.608 h [2000]). Está situada entre Sumatra e as illas de Sonda. O S está ocupado por un sistema montañoso cheo de conos volcánicos (Semeru 3.876 m), mentres que o N está consituído por aluvións modernos, socalcos antigos e baixos altiplanos calcarios. O clima é ecuatorial e a vexetación de bosque ecuatorial. A poboación é rural. Hai algunha gran cidade como Xacarta, Surabaya, Bandung, Semarang ou Yogyakarta. A agricultura baséase nas plantacións de cana de azucre, café, tabaco e arroz. Da explotación forestal destaca o té e o caucho. Ten importantes recursos mineiros: petróleo, manganeso e ouro. O 85% da industria é azucreira. Durante os ss I-IV recibiu influencias hindús e cara ao s XV converteuse ao Islam. Foi visitada polos portugueses (s XVI) e polos holandeses (s XVII) que someteron os vellos imperios de Mataram (1755) e Bantam (1808). Sometida aos ingleses entre 1811 e 1816, incorporouse a Holanda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia (34.206 km2; 31.228.940 h [2000]). A súa capital é Semarang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia (46.300 km2; 35.729.537 h [2000]). A súa capital é Bandung.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia (44.922 km2; 34.783.640 h [2000]). A súa capital é Surabaya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Pacífico, situado entre as illas de Borneo, Xava e Sumatra. Únese co mar da China Meridional polo estreito de Karimata e co Océano Índico polo estreito de Sonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Xava, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Xava.

      1. Relativo aos xavaneses ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo xavanés.

      3. Conxunto de etnias indonesias que forman o grupo de poboación máis importante de Xava. De relixión musulmá, as súas crenzas estan impregnadas de elementos animistas. A organización social é diversa, nas comunidades campesiñas desenvolveuse un sistema relativamante igualitario baseado no parentesco e nas cidades dáse unha estratificación moi ríxida.

    1. s

    2. Arte musical cultivada na illa de Xava. É o núcleo principal da música indonesia. A formación orquestral é o gamelan, e a música vai unida especialmente ás danzas e ás representacións teatrais con actores ou con wajang.

    VER O DETALLE DO TERMO