"Xeremías" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo masculino que procede do latín Ieremias, e este do grego Ieremías, que á súa vez vén do hebreo Yermeyah, posiblemente de yarim ‘erguer, levantar’ e Yah, abreviatura de Iavé, co significado de ‘Deus ergueu, elevou’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profeta maior. Pertencente á tribo de Benxamín, a súa actividade profética durou ata despois da destrución de Xerusalén (586 a C). Ameazado de morte, foi obrigado a emigrar a Exipto, onde problemente morreu. Represéntase cunha cruz na man e vai acompañado dun animal fabuloso do bestiario que habitaba no profundo da terra. A súa festividade celébrase o 1 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro do Antigo Testamento que contén as profecías, a miúdo baixo forma poética, que o profeta Xeremías lle dirixiu ao pobo de Xudá e ás nacións pagás, nas que describe a ruína de Xerusalén (587 a C), ademais de notas biográficas que falan dos sufrimentos do profeta, realizadas polo seu secretario Baruc.

    VER O DETALLE DO TERMO