"Xove" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Agrupación socialista local, fundada en Xove en xaneiro de 1934. A constitución da organización socialista de Xove foi produto da iniciativa da Agrupación Socialista de Viveiro, como froito da estratexia de expansión desta polo ámbito parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao apoastro dos satélites de Xúpiter con relación a este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida en Santiago en 1994 editada pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude. Inclúe as seguintes seccións: “Actividades”, “Bolsas e axudas”, “Cursos”, “Fomento do emprego”, “Formación ocupacional”, “Ofertas de emprego”, “Premios”, “Tive” e “Última Hora”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estudantil creada en Santiago de Compostela en 1990. Ten como obxectivos, ademais do labor reivindicativo, a formación de asociacións xuvenís, a divulgación dos dereitos e deberes dos alumnos nos centros educativos, a organización de asembleas, conferencias e congresos (política educativa, política lingüística, etc) e a defensa dos alumnos galegos diante das diferentes administracións educativas. Foi a primeira forza estudantil de ensino secundario en Galicia con preto de 350 conselleiros escolares adscritos. Membro activo do Consello Escolar de Galicia e do Consello da Xuventude de Galicia, foi pioneira na celebración de encontros sobre política lingüística entre asociacións estudiantís, en colaboración co Colectivo de Estudiantes Vascos (CEV-EIK) e coa Associació de Joves Estudiants de Catalunya (AJEC). Integrouse na Unión de Estudiantes de España (UDE), e posteriormente no Colectivo de Asociaciones de Estudiantes Progresistas (CAEP), e no ámbito internacional pertence á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do periastro dos satélites de Xúpiter, con relación a este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico publicado en Vigo a partir de novembro de 1996. Foi editado por Igesco, Fundación Penzol, e subtitulouse “Xornal independente universitario”. Estivo dirixido por Carlos Figueroa e coordinado por Xosé C. Morell, e incluíu novidades referidas ao campus de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Bartolo que dá nome ao concello de Xove, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Mariña Occidental situado na provincia de Lugo, a N da Comunidade Autónoma de Galicia (43° 40’ 40’’ N - 7° 30’ 40’’ O). Limita ao N co Mar Cantábrico, ao L con Cervo (A Mariña Occidental), ao S co de Viveiro (A Mariña Occidental) e ao O co de Viveiro (A Mariña Occidental). Abrangue unha superficie de 89,1 km 2 , cunha poboación de 3.602 h (2007), distribuída nas parroquias de Lago, O Monte, Morás, Portocelo, A Rigueira, Sumoas, Xove e Xuances. A capital esta no lugar de Xove, na parroquia homónima. O concello atópase a 163 km de Santiago de Compostela e a 106 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Viveiro.
    Xeografía física
    A configuración orográfica de Xove vén determinada por dous compoñentes: un perfil costeiro accidentado e os contrafortes das serras setentrionais. A costa é recortada (puntas Mansa, Recortadoira e de Morás), resolta en frecuentes acantilados e pequenas praias nas escasas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría da vaca, de dous ou tres anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuarto día da semana segundo o cómputo antigo, ou quinto no cristián, entre o mércores e o venres. OBS: Tamén se denomina quinta feira.

    2. Xoves da Semana Santa, que conmemora a oración no Monte das Oliveiras en Xetsemaní, o lavatorio e a Última Cea de Xesús, durante a que instituíu o sacramento da Eucaristía, segundo se establece na Biblia.

    VER O DETALLE DO TERMO