Río de América do Norte (2.554 km). Nace no lago Tagish, ao S do territorio do Yukon (Canadá), e en dirección SL-NO penetra en Alasca, onde toma a dirección NL-SO, e desemboca no golfo de Norton, no mar de Bering.
Territorio do NO de Canadá (483.450 km2; 28.675 h [2001]). A capital é Whitehorse (19.058 h [2001]). Está formado por relevos tabulares dominados ao L polos montes Mackenzie e ao SO polos montes Saint Elias, onde a cima Logan alcanza a altitude máxima do Canadá (6.050 m). Os ríos que o drenan son o Yukon e os seus afluentes superiores. O solo é rico en chumbo e ouro.