"Zadar" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital do condado homónimo, Croacia (69.239 h [2001]). É unha cidade portuaria situada no Mar Adriático, con industrias téxtiles, alimentarias e mecánicas lixeiras. Fundada no s IX a C, durante o Imperio Romano, gozou de fama, sobre todo polo comercio de aceite e de viño. Centro importante da Dalmacia bizantina, a partir do s XI pasou a dominio veneciano ou húngaro e durante o s XIX foi centro da Dalmacia austríaca. Ocupada polos italianos en 1918, estes posuírona polo Tratado de Rapallo (1920) e desde 1947 formou parte de Croacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Croacia (3.643 km 2; 158.936 h [2001]). A súa capital é Zadar.

    VER O DETALLE DO TERMO