"Zeppelin" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Grupo de rock británico formado en 1968 polo guitarrista Jimmy Page, o cantante Robert Plant, o baixista/teclista John Paul Jones e o batería John Bonham. Foi un dos grupos máis innovadores e influíntes na historia do rock. Da súa discografía destacan Led Zeppelin I (1969), Led Zeppelin II (1969), Led Zeppelin III (1970), Led Zeppelin IV (1971), In Through the Out Door (1979) e CODA (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de dirixible de estrutura e cuberta metálica que empregaba o hidróxeno ou o helio como gas para inflar os globos sustentadores do aparato. Foi ideado e construído polo conde Ferdinand von Zeppelin, que logrou o seu primeiro voo o 2 de xullo de 1900. Durante a Primeira Guerra Mundial foron empregados nos ataques aéreos alemáns e tras a guerra fixeron voos comerciais, dos que destacan os primeiros transoceánicos do Graf Zeppelin (1928) e o Hindenburg (1936) ata o inicio da Segunda Guerra Mundial, aínda que tiveron serios problemas de seguridade que produciron algúns accidentes, como o do Hindenburg en 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor alemán. Conde de Zeppelin, estudou na Academia Militar de Ludwigsburg e na Universidade de Tubinga. Unha vez que abandonou a carreira militar (1890), interesouse polo voo dos globos aerostáticos, e dedicouse ao deseño e á construción de dirixibles.

    VER O DETALLE DO TERMO