"Zoroastro" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • (s VII? a C) Fundador do mazdaísmo. Segundo as noticias dos Gāthā, de dubidosa verosimilitude histórica, era un sacerdote que predicou as revelacións recibidas de Ahura Mazdā e que obtivo a conversión do Rei Vištāspa. A tradición faino orixinario de Rhades (actual Ràyy, preto de Teherán), pero indicios xeográficos e lingüísticos (a lingua do Avesta) fan pensar nas rexións orientais. En canto á época, as opinións son tamén moi contraditorias, pero a tradición parsi fixa a súa época 258 anos antes de Alexandre o Grande, cara ao 630 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO