"Zwickau" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade do land de Saxonia, Alemaña (107.988 h [estim 1994]). É un importante centro industrial na ribeira do Mulde. Fundada no s XI, alcanzou unha gran prosperidade comercial nos ss XV e XVI. Alí tivo inicio o movemento anabaptista, polos denominados profetas de Zwickau.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ao grupo dos tres anabaptistas, discípulos de Thomas Müntzer (Nikolaus Storch, Thomas Drechsel e Markus Thomä) que, procedentes de Zwickau, en 1521 foron predicar a súa doutrina apocalíptica a Wittenberg, aínda que ao ano seguinte foi combatida por Lutero.