"aga khan" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imán da confesión islámica dos ismaelitas nizaritas. Foi un título honorífico da corte dos kajarís da Persia. Dende 1817 o título considérase herditario. Estes imáns son venerados na India e na África oriental.
-
PERSOEIRO
Xefe dos ismaelitas, de nome Ḥ asan ‘Alī Shāh. Concedeulle este título o soberano de Persia Fat ḥ ‘Alī Shāh. Ao fracasar un complot que artellara para apoderarse do trono (1840) emigrou a Bombai. A súa actividade a favor dos británicos fixo que estes o confirmasen no seu título (1866) e lle asignasen unha cuantiosa pensión. Sucedeuno o seu fillo Aga Khan II (? - 1885), que continuou a súa política.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe dos ismaelitas nizaritas (1885-1957), de nome Sir Mu ḥ ammad Shāh. Fillo único do Aga Khan II, foi cofundador e primeiro presidente da Liga Musulmana (1906), organización panmusulmana da India. En 1924 tentou conseguir o Califato de Turquía en oposición aos republicanos que proclamaran a República Turca en 1923. No 1937 presidiu a asemblea da Sociedade de Nacións. Esforzouse por gañar a independencia da India, aínda que non sempre asumiu as posición hindús; por esa razón foi un dos promotores do nacionalismo musulmán paquistaní.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe dos ismaelitas, de nome Kārim al- Ḥ usaynī Shāh. Neto de Aga Khan III, sucedeuno á súa morte (1957).
VER O DETALLE DO TERMO