"bogo" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. Da mesma familia é Alborio. As súas armas levan sobre campo de azur un monte espeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe ruso, fillo de Xurxo Dolgorukij. Resultou elixido príncipe de Vladimir polos boiardos de Suzdal’ e de Rostov en 1157, contra os que loitou co fin de superar a desmembración feudal dos principados rusos. Foi asasinado polos boiardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor serbio romántico. Algunhas das súas mellores obras son a narración longa Bunjevka (1851) e a novela Dva Idola (Dous ídolos, 1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bogos.

    2. Individuo do pobo bogo.

    3. Pobo chamado tamén bilin, do grupo ágao, que vive na rexión de Keren, ao NO de Asmara (Etiopia). Son principalmente agricultores e pastores de relixión musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pontenova baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico ruso. Traballou no departamento de Física Matemática da Academia das Ciencias de Ucraína dende 1925 e foi profesor nas universidades de Kiev e Moscova. Traballou sobre os conceptos de superfluidez, supercondutividade, análise matemática, teoría de funcións, ecuacións diferenciais e teoría cuántica de campos. Foi nomeado doutor honoris causa en Matemáticas (1930) e membro da Academia de Ciencias da URSS (1948). Obtivo o Premio Lenin en 1958.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao bogomilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secta atribuída ao pope coñecido como Bogomil e difundida en Bulgaria a partir de mediados do s X. Influída por doutrinas neomaniqueas de Asia Menor, a seita propugnaba unha reforma social da Igrexa oriental e a abolición da escravitude. O centro de difusión foi a cidade de Plovdiv (ou Filopópolis, Tracia). O bogomilismo perdurou ata a conquista turca (s XV), despois de terse estendido polo Imperio Bizantino. Influíu sobre algúns movementos occidentais, como o Catarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adepto ao bogomilismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo ucraíno. Foi profesor de Fisiopatoloxía nas universidades de Kiev e Saratov, e presidente da Academia de Ciencias de Ucraína. É autor de traballos para retardar o envellecemento, tratar úlceras e fracturas mediante un soro citotóxico antirreticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Xava, provincia de Xava Occidental, Indonesia (285.114 h [1995]). Ten unha importante fábrica de pneumáticos. Fundada no 1754 polos holandeses, posúe entre o seu patrimonio cultural un xardín botánico e o antigo palacio do gobernador xeral das Indias Holandesas. Trala independencia de Indonesia mudou o seu nome anterior, Buitenzorg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Colombia e do departamento de Cundinamarca, constitúe ao mesmo tempo, un distrito especial (4.945.448 h [estim 1997]). Situada a 2.640 m sobre o nivel do mar, o clima é temperado. A cidade é un núcleo industrial importante, especialmente químico, téxtil, papeleiro e cervexeiro; ademais, é moi característica a súa industria de sombreiros. Así mesmo, co obxecto de recibir novos investimentos económicos, abriuse unha zona franca. Na cidade están, entre outras, as sedes da Universidade Nacional de Colombia, fundada no 1867, e da Pontificia Universidade Javeriana, fundada no 1622. Na cidade hai algunhas igrexas que se remontan ao s XVI. Entre os edificios civís, destaca o pazo de San Carlos. Fundada p

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novena sesión da Conferencia Panamericana, organismo da Unión Panamericana, celebrada en Bogotá (abril de 1948). Nela decidiuse a creación da Organización dos Estados Americanos (OEA).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bogotá.

    2. Natural ou habitante de Bogotá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO