"camero" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa o encaixe que se emprega para adornar unha mesa familiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico canadense. Establecido nos EE UU, os seus filmes están cheos de efectos especiais. Conseguiu varios Oscars, entre eles, un á mellor película por Titanic (1997), un dos filmes máis caros da historia do cine. Ademais dirixiu, entre outras películas, Piranha II (Piraña II, 1981), Aliens (Alien: o rescate, 1986) e Terminator 2: Judgment day (O Exterminador 2: o xuízo final).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa inglesa de orixe escocesa. Dedicouse á fotografía cun afán puramente recreativo. Aínda que a súa obra non está moi lograda tecnicamente, é un testemuño representativo da estética decadentista e prerrafaelista. Especializouse nos retratos románticos, tanto de personalidades famosas como de grupos alegóricos con protagonistas anónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico presbiteriano escocés. Abandeirado do movemento extremista dos covenanters, que rexeitaba a Carlos II e tamén o indulto que este lles concedera. En 1680 asinou un manifesto contra a política real, unha auténtica declaración de guerra. Morreu no enfrontamento que supuxo a derrota da súa causa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador inglés. En 1873 saíu de Zanzibar, delegado pola Royal Geographical Society, para unirse con Livingstone, a quen topou xa morto; continuou ata o lago Tangañika e descubriu que o río Lualaba formaba a principal corrente do río Congo. Despois de explorar a conca do Congo-Zambeze chegou á costa occidental preto de Benguela (Angola) en 1875. Narrou a súa exploración da África tropical en Across Africa (Cruzando África, 1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de contos composta por Giovanni Boccacio entre 1348 e 1350, aproximadamente. Consta de cen relatos que se dividen por temas en dez xornadas, precedidas dunha introdución xeral e enmarcadas respectivamente por dez proemios e epílogos. A introdución conta o encontro nunha igrexa de Florencia de sete mulleres e tres mozos durante a peste de 1348, que deciden retirarse xuntos ao campo para evitar o contaxio e afastarse da atmosfera de dor e depravación moral que domina a cidade. Durante dúas semanas -agás venres e sábados- deciden entreterse narrando contos por quenda e ao final de cada sesión cantan unha balada. Tratan posibles aspectos da vida humana: avatares da fortuna; aventuras de amor que rematan infeliz ou felizmente; agudezas que exemplifican a habilidade e axilidade do enxeño, xogos burlescos e, tras unha recapitulación dos motivos máis destacados, preséntanse casos exemplares das principais virtudes cabaleirescas. A obra é unha manifestación das correntes de pensamento...

    VER O DETALLE DO TERMO