"caroteno" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburos carotenoides amplamente distribuídos na natureza, nas especies vexetais e animais, que poden actuar como provitaminas A e ser transformados en vitamina A na parede intestinal en presenza de ácidos biliares e de graxas. Os carotenos principais son: o α-caroteno, o β-caroteno (ou carotina), o γ-caroteno e o licopeno. O α-caroteno é unha substancia vermella escura que contén, a nivel molecular, unha cadea de dobres enlaces conxugados unida a un grupo terminal β-ionona e a un α-ionona. No organismo dá lugar a unha soa molécula de vitamina A por molécula de caroteno e é antecesor das xantofilas luteína e flavoxantina. O β-caroteno, de cor vermella escura, é o máis importante como precursor de vitamina A, e del derivan as xantofilas criptoxantina, zeaxantina, astacina, violoxantina, rodoxantina, etc; coñecido tamén como carotina, extráese da cenoria e emprégase como colorante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmentos de cor amarela, laranxa ou avermellada que se atopan na fracción lipídica insaponificable dos extractos de animais, vexetais e microorganismos que poden ser considerados derivados do licopeno. Tamén se denominan provitaminas A, porque teñen un papel importante como antecesores das vitaminas A. Forman parte dos pigmentos visuais e dos pigmentos do leite. Atópanse tamén en cloroplastos, ovos e excrecencias epidérmicas de aves e artrópodos, e en determinados tecidos de animais mariños. Segundo conteñan ou non osíxeno na molécula divídense en dous grandes grupos: xantofilas e carotenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromoproteína que contén un carotenoide, xeralmente un caroteno, como grupo prostético.