"correla" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Nunha función dependente do tempo, correlación que existe entre os valores desta función, separados por un intervalo de tempo constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pano enroscado ou cousa similar que se adoita colocar na cabeza para levar cargas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación recíproca ou mutua entre dúas ou máis cousas ou unhas con outras.

    2. Grao de interdependencia entre diversas variables, isto é, entre diferentes conxuntos de números. Se os valores das diferentes variables satisfán exactamente unha ecuación, dise que hai unha correlación perfecta entre elas. Fálase de correlación simple e de correlación múltiple dependendo de se o número de variables é igual ou superior a dous. Os valores das variables represéntanse no chamado diagrama de dispersión. Se todos os puntos do diagrama parecen encontrarse aproximadamente sobre unha recta, dise que a correlación é lineal; cando os puntos describen unha certa aproximación a unha curva, fálase de correlación non lineal. Dadas dúas variables aleatorias X e Y, dise que hai unha correlación directa ou positiva se Y tende a aumentar ou a diminuír conxuntamente con X; pola contra, se Y tende a diminuír cando X se incrementa, ou á inversa, hai unha correlación inversa...

      1. Fenómeno fonolóxico segundo o que se vinculan dúas ou máis entidades fonemáticas en relación cun determinado trazo pertinente. Trátase, pois, dunha relación xeneralizada, na que os seus membros se coñecen como correlativos. Entre as correlacións máis frecuentes hai que mencionar a melódica, onde cada fonema ocupa un lugar, segundo os valores dos seus trazos tonais, que cambian ao longo da súa duración; a correlación de timbre, que afecta á localización acústica dos fonemas vocálicos; a correlación de cantidade, por oposición de duración longa e duración breve; a correlación de nasalidade, fundamentada na ausencia ou na presenza de resonancias nasais; a correlación vocal ou de sonoridade, por oposición de sons con vibracións vocais ou sen estas vibracións; a correlación tónica, mediante a oposición de fonemas tónicos e fonemas átonos segundo a distribución da intensidade acústica, que permiten diferenciar, por exemplo,...

      2. correlación gramatical

        Interrelación que se dá entre dous ou máis elementos dunha oración: a existencia dun condiciona a do outro, e os dous denomínanse correlativos. Así, na expresión Tan pronto ri como chora, as formas tan pronto e como son correlativas, de xeito que unha supón a outra.

    3. Figura retórica de repetición que consiste na correspondencia sintáctica ou semántica entre os membros de dous ou máis conxuntos de elementos dispostos de maneira similar. Dámaso Alonso distinguiu a correlación reiterativa, na que os distintos conxuntos de elementos que integran o texto teñen o mesmo contido conceptual; a correlación progresiva, na que existe un avance no contido dos conxuntos; e a correlación recolectiva, que implica unha recompilación final dos elementos dispersos no texto.

    4. Relación equivalente entre os estratos, que pode ser litostratigráfica, baseada na composición petrográfica e na posición estratigráfica dunha unidade, e biostratigráfica, baseada na existencia de fósiles correlativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de correlacionar.

    2. Aplícase ao fenómeno estatístico que consiste en que as series de observacións que o conforman presentan un coeficiente de correlación coas doutro.

    3. Integrante dunha correlación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha correlación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer en relación dúas ou máis cousas.

    2. Establecer a correlación que existe entre dúas series estatísticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten correlación con outra ou outras cousas.

    2. Que se sucede de forma inmediata, especialmente referido a número.

    3. Aplícase ao termo que indica unha relación de dependencia entre dous membros. Así ou é correlativo de ou en O mestre dille sempre: ou calas ou te castigo.

    4. Parella de fonemas que se atopan nunha relación de oposición bilateral, proporcional e privativa.

    VER O DETALLE DO TERMO