"corriente" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘fonte’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Corrientes, Arxentina, na marxe esquerda do río Paraná (258.103 h [1991]). É a cabeza dunha rexión agrícola fértil, onde destacan os cultivos de arroz, cítricos, soia, tabaco e algodón. As principais industrias son as arroceiras, os estaleiros, as de procesamento de alimentos e as conserveiras de carne. A cidade fundouna en 1588 Juan Torres de Vera, quen a bautizou como San Juan de Vera de las Siete Corrientes. Do seu patrimonio cómpre destacar o Monumento a las cautivas do Parque Mitre e os murais que decoran a cidade, entre os que sobresae El mural de la Correntinidad, no muro da ponte General Belgrano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do NO da Arxentina, na rexión Litoral (88.199 km2; 852.685 h [estim 1995]). A capital é Corrientes (258.103 h [1991]). Drenada polos ríos Paraná, Uruguay e os seus afluentes, a abundancia de cauces fluviais na rexión foi o que levou aos conquistadores españois a bautizala co seu nome actual. O clima é temperado cálido. Os principais tipos de vexetación son o bosque en galería e a estepa de gramíneas. Entre as principais actividades económicas destacan a agricultura, a explotación forestal, a gandería e a industria, baseada sobre todo nos derivados agrícolas, no sector téxtil e nos estaleiros da capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo da costa do Pacífico, no estado de Jalisco, México, situado ao SO de Puerto Vallarta. Polo S pecha a baía de Banderas.

    VER O DETALLE DO TERMO