"cotín" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Subdivisión de fungos caracterizados por producir esporas sexuais no interior dunha célula denominada asco. É frecuente a composición de formas de resistencia, ou esclerocios, moitas veces asociada á perda da capacidade da reprodución sexual. Os fungos poden ter un micelio ramificado e de membrana quitinosa, presentarse como células ailladas ou células agrupadas en colonias. Aínda que os ascocarpos poden estar ausentes ou ser moi pequenos, tamén poden acadar un tamaño considerable e ter interese culinario, como é o caso das trufas, os orellanzos e as pantorras. A subdivisión ascomicotina engloba as clases dos acarpoascomicetos, himenoascomicetos, laboulbeniomicetos e plectomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión de fungos caracterizados por producir as esporas no exterior dunha célula fértil denominada basidio. As esporas preséntanse no extremo de pequenas puntas denominadas esterigmas. As esporas despois da súa liberación caen por gravidade ao estar o himenio dirixido cara a abaixo. A subdivisión basidiomicotina engloba as clases dos fragmobasidiomicetos, homobasidiomicetos e teliomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, da familia das anacardiáceas, ao que pertence a especie C. coggygria. De ata 4 m de altura, presenta follas arredondadas de entre 3 e 8 cm, cor verde intensa, pecíolo moi longo e flores de cor amarela con pedúnculos cubertos dunha pilosidade plumosa moi aparente, que dá lugar á denominación popular de árbore das perrucas. Orixinaria dunha extensa área que vai dende o S de Europa ata China e o Himalaia, en Galicia está presente como árbore ornamental en parques e xardíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide do grupo dos isoquinoleínicos da papaverina, contido no opio aproximadamente nun 6%. Emprégase en medicina como antiespasmódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide do tabaco que se extrae das follas de Nicotiana tabacum, onde se atopa nun 2-8% do seu peso en seco. É un líquido incoloro e velenoso e constitúe o principal composto aditivo do tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amida do ácido nicotínico. É o precursor do dinucleótido adenina-nicotinamida (NAD). OBS: Tamén se denomina niacinamida ou factor PP (preventivo da pelagra).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á nicotina.

      2. Que está provocado pola nicotina.

    1. Derivado carboxílico que se presenta en forma de po soluble en auga e insoluble en éter, moi estable e non higroscópico, que se funde a 237°C e se sublima sen descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica de nicotina que se produce polo abuso de tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Escornabois (Trasmiras). O seu cumio acada os 781 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO