"daka" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua da familia lingüística austronesia que se fala en Indonesia.
-
CAPITAIS
Capital de Senegal e da rexión homónima, situada no extremo meridional da península de Cabo Verde (1.869.000 h [estim 1994]). A forte inmigración (un 75% da poboación) obrigou á creación de barrios novos, como o de Fann, onde está a universidade máis importante do Estado. Ás funcións administrativa e política engádese a comercial, xa que é o enlace coas rutas entre Europa e África, e entre Europa e América do Sur. Ten un porto moi activo, a través do que exporta os produtos da rexión, principalmente cacahuetes, aceite de cacahuete e fosfatos. Ten instalacións para o abastecemento de carbón e aceites pesados, silos e cámaras frigoríficas. Destaca tamén a pesca, sobre todo a de atún, da que é a principal base africana. A actividade portuaria favoreceu o desenvolvemento da industria, entre a que destaca a fabricación de xabróns e tecidos, produción de aceite de cacahuete e outras industrias alimentarias. Ten estaleiros e unha refinería de petróleo. Ademais de ser o centro político e administrativo...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Bizkaia, no val do Ibaizabal, na confluencia co Nerbion (29.646 h [1991]). Era un municipio tradicionalmennte agrícola e gandeiro, pero a súa proximidade a Bilbao fixo que se desenvolveran as actividades industriais (explosivos, plásticos, química, produtos alimentarios, etc). Documentada por primeira vez en 1375, do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a igrexa de Andra Mari (s XIII) e as torres de Isaki Goikoa (s XVI) e Lekue (s XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que se dá ao presidente do goberno autonómico vasco.
-
CAPITAIS
Capital da rexión de Equateur, situada na República Democrática do Congo (169.841 h [estim 1994]). É un porto fluvial na confluencia dos ríos Congo e Ruki. Produce caucho, café, arroz, madeira e ten industria cervexeira e de artes gráficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, situado na ría de Gernika, ao S de Bermeo (1.853 h [2001]). Os recursos principais da economía derivan da agricultura, da gandaría e da pesca. As industrias son derivadas, destacan as conservas e os estaleiros. É un centro turístico e de vacacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proba automobilística de resistencia creada en 1977 por Thierry Sabine, despois de perderse durante varios días coa súa moto no deserto de Libia. O rallye reúne máis de 300 pilotos nunha carreira de 20 días e uns 10.000 km de percorrido entre as dúas cidades. Motos, coches e camións compiten en cadansúa categoría nunhas condicións extremas.