"demonismo" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Crenza no demo ou noutros seres malignos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina moral que considera a felicidade o ben supremo. Intégrase dentro do que I. Kant chamou éticas materiais, dado que propón un obxectivo que se pretende conseguir na vida (a felicidade), a diferenza das éticas formais que estarían baleiras de contido. A felicidade pode ser o pracer, como mantiña Epicuro, a vida contemplativa, como dicía Aristóteles, ou calquera outra cousa que se considere ben supremo. Considera imposible a incompatibilidade entre a felicidade e o ben, e define a felicidade como o premio ao exercicio da virtude e da acción moralmente boa. As doutrinas opostas manteñen que a virtude é boa en si mesma, independentemente de que leve asociada ou non a felicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO