"dutus*" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canción medieval que difire doutras composicións da época polo feito de que o contrapunto non se apoia sobre un motivo litúrxico (cantus firmus).
-
-
Parte da dispositio externa dunha obra na que se relaciona o contido explícito do texto coa intención ou mensaxe subxacente, chamada consilium. Existen dúas modalidades: o ductus simplex, no que coinciden o tema e o consilium da obra, que se dá cando o orador expresa exactamente os seus pensamentos; e o dutus complexo, que comprende tres tipos (subtilis, figuratus e obliquus), no que se evidencia unha distancia entre o discurso literal e a mensaxe que se quere comunicar. O ductus complexo emprega recursos como a ironía, a énfase, a hipérbole, a perífrase ou a analoxía para incrementar o grao de complexidade do discurso.
-
Orde de execución dos trazos dunha letra e sentido segundo o que se executou.
-
-
Nome que se lles dá a algúns condutos do organismo animal.
-
ductus arterioso
Comunicación entre a arteria pulmonar e a aorta nos fetos dos mamíferos que evita que o sangue pase a través dos pulmóns aínda inactivos.
-
ductus venoso
Comunicación entre a vea umbilical e a vea cava inferior nos fetos dos mamíferos. Funciona como curtocircuíto para a mestura do sangue osixenado procedente da placenta co sangue pouco osixenado da parte inferior do corpo evitando o parénquima hepático.
-
-