"kea" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • Planta arbórea duns 2,5 m de altura, de follas dispostas helicoidalmente nas ramas, as flores hermafroditas de cor branca ou rosada e froito leñoso agrupadas en acio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas pertencente á familia das proteáceas, que se caracteriza porque os órganos masculinos da flor maduran antes que os femininos. É arbustiva e ornamental. Orixinaria de Australia está distribuída, maiormente, polas zonas secas de Australia e Sudáfrica. Os exemplares máis coñecidos son Hakea laurina e Hakea sericea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da orde dos psitaciformes, duns 50 cm, que ten a plumaxe dunha cor verde olivácea, cos bordos e o nervio das plumas máis escuras. A mandíbula superior do bico pode chegar a medir uns 5 cm. É endémico da illa sur de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena inglés, fillo de Edmund Kean. Destacou como director, sobre todo na realización de espectáculos a partir de textos clásicos e na importancia que lle deu á iluminación; de feito, foi un dos primeiros directores en utilizar puntos de luz para destacar determinados planos ou escenas. A súa carreira está moi vinculada ao Princess Theatre onde presentou escenificacións de W. Shakespeare ou Lord Byron, algunhas cunha clara deriva realista, que tanta influencia terían no duque Xurxo II de Saxe-Meiningen, un dos promotores da fonda renovación que viviu o teatro entre finais do s XIX e principios do XX, cando xurdiron diversas teorías da interpretación e se desenvolveu a tecnoloxía escénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor inglés. En 1804 uniuse a un grupo de cómicos ambulantes cos que percorreu Inglaterra e Irlanda, e realizou unha sólida aprendizaxe en ámbitos como o mimo ou a acrobacia, formación que logo aproveitou para se converter no grande actor do teatro romántico inglés. Destacou na interpretación de papeis como Shylock, Enrique II, Enrique III, Otelo, Timon, King John, Coriolano, Macbeth ou Lear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseph Francis Keaton

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi a musa de Woody Allen, que a dirixiu en diversos filmes como Radio Days (1987), Manhattan Murder Mistery (1993) ou Annie Hall (1977), pola que conseguiu un Oscar. Participou tamén noutras películas como Looking for Mr Goodbar (1977), Reds (1980), The Little Drummer Girl (1984), Father of the Bride (1991), The First Wives Club (1996), Town & Country (2001) e Something´s Gotta Give (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico. Coñecido como Buster Keaton, creou un personaxe de aparencia imperturbable, entre a candidez e o cinismo, en filmes como The Cameraman (1928) ou Steamboat Bill Jr. (1928). Como director evidenciou un gran sentido do ritmo e da construción dramática de filmes como Cops (1922), The Navigator (1924) ou The General (1927), nos que tamén participou como actor. Coa aparición do cine sonoro iniciou a súa decadencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciouse con Poems (1817) e co extenso poema alegórico Endymion (1818), que foi atacado pola crítica máis influínte, pero que significou a aparición da súa madureza expresiva e o dominio dun verso dunha gran musicalidade. En 1819 plasmou o conflito entre a a arte e a vida nos seus sonetos e en tres grandes odas (a un reiseñor, a unha furna grega e ao outono), publicados no volume Lamia and Other Poems (1820). A súa poesía non foi valorada ata mediados do s XIX, co prerrafaelismo. Posteriormente, considerouse o lírico moderno máis destacado en lingua inglesa. O seu importante epistolario (1848) contén un corpus de reflexións estéticas de primeira orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán apagado situado en Hawaii. É o máis alto das illas e o seu cumio acada os 4.205 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. A súa obra poética é lírica e carece de connotacións ideolóxicas. Destacan os contos Mĕ-qài lĕ-qài ṣ (De verán en verán, 1964), Wě-lo ba yom aer (E o novo día non chegou, 1969), ‘Ir še-zĕmanah qàis (Unha cidade que ten tempo de verán, 1976) e Ṭ oen avanim (Muiñeiro de pedras, 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Khêt de Camboxa (10.299 km2; 696.164 h [1998]). A súa capital é Siem Reap (10.281 h [1962]).

    VER O DETALLE DO TERMO