"mansi" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Okrug autónomo de Rusia (523.100 km2; 1.383.600 h [estim 1999]). A súa capital é Khanty-Mansijsk (34.462 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, de goles, cun florete de prata coa gornición de ouro, fixado; segunda partición, de sinople, cunha cabeza de mouro, cortada e tocada cun turbante de prata; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no páramo leonés, ao SL da capital provincial e drenado polo río Esla (1.754 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e nas industrias alimentarias. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, e do seu patrimonio cultural destacan as murallas medievais, o convento de San Agustín e o mosteiro de San Miguel de la Escalada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Banco de sardiñas.

    2. Lugar da corrente dun río onde queda parada a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de época romana colocada a intervalos máis ou menos regulares nas calzadas ou vías para servir de repouso e facilitar os relevos dos cabalos, correos, etc. Habitualmente marcaban a fin dunha etapa e poden ser a orixe dunha vila ou cidade.

    2. Casa moi grande e luxosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao eclesiástico que vivía en comunidade dentro do claustro.

    2. Funcionario militar romano encargado de preparar o aloxamento da tropa durante as campañas.

    VER O DETALLE DO TERMO