"mao" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 37.
-
PERSOEIRO
Navegante e descubridor portugués ao servizo do Emperador Carlos V dende o 1522. Contratado pola Coroa de Castela, efectuou unha expedición á Patagonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Celanova baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castro localizado nun outeiro de preto de 725 m de altitude, que domina boa parte do val do Arnoia, na parroquia de Santa María de Castromao (Celanova). Este castro, coñecido desde a época medieval, identificouse a finais do s XIX cunha das poboacións romanas que se rexistran no Anónimo de Ravenna. As primeiras escavacións deste conxunto datan de 1920-1930, época na que Xulio Rodríguez e Florentino López Cuevillas abriron dúas gabias na zona da muralla. Non obstante , non foi ata os anos sesenta e setenta cando Mariano García Rollán realizou a maior parte das escavacións do castro. O conxunto arqueolóxico de Castromao presenta uns sinais de habitación que van desde o Bronce final ata ben avanzado o dominio romano. As construcións que configuran o castro están dispostas ao redor dunha penedía central, nunha plataforma de ancho variable, entre os 12 e os 15 m, rodeada por unha muralla de pedra e por un terraplén revestido con cachotería de case 500 m de perímetro. A entrada a este recinto...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo homónimo. Como nome de lugar remite ao latín castru malu ‘castro malo’. A súa denominación está motivada pola consideración negativa que se tivo deste castro debido a que non estaba ben dotado para albergar a súa poboación ou porque presentaba malas condicións defensivas. Documéntase no s XV: “Juan de Castromaao” (doc ano 1481 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, I, 1967, p 162).
-
PERSOEIRO
Político timorense. Presidente da Frente Revolucionária do Timor Leste Independente (FRETILIN) desde 1978, foi capturado polo exército indonesio en 1992 e condenado a cadea perpetua, pena que lle foi rebaixada a raíz das protestas internacionais, ata que foi definitivamente excarcerado en 1999. Tralo referendo que supuxo o triunfo das forzas independentistas, foi elixido presidente da República de Timor Leste nas eleccións de 2001. Nos anos de prisión escribiu o poemario Mauberiadas (Premio Nacional de poesía de Timor, 1975) e o ensaio Timor Leste: un Povo, uma Patria (1994). Posúe o Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia do Parlamento Europeo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Castro situado en Castro de Escuadro (Maceda). É un asentamento castrexo que puido ser habitado ata época romana, segundo os vestixios cerámicos atopados e o tipo de construcións propios desa época.
-
RIOS
Río que nace na serra do Burgo, baña parte do concello de Montederramo, onde forma o encoro de Leboreiro, fai de límite natural entre os concellos da Teixeira e Parada de Sil e desemboca pola esquerda do río Sil, no límite das parroquias de Cristosende (A Teixeira) e San Lourenzo de Barxacova (Parada de Sil).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Menorca, Illes Balears, situado no extremo oriental da illa (23.315 h [2001]). As terras de cultivo destínanse predominantemente a forraxe para o gando bovino, orientado á produción leiteira. A xoiería de fantasía é a principal actividade industrial, seguida da construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Shen Yanbing.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de San Paio de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 1.080 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e revolucionario chinés. Foi cofundador do Partido Comunista Chinés (PCCh). Como xefe de propaganda do partido (1925-1926), marchou a Hunan e organizou o campesiñado como forza revolucionaria. Opúxose aos dirixentes comunistas, que seguían na crenza de que o proletariado urbano era a base da revolución chinesa. Estableceu en Jiangxi un goberno soviético, pero en previsión de que non podería resistir a ofensiva de Chiang Kai-shek, encabezou a Longa Marcha (1934). Conseguiu chegar a Shanxi e estableceu un novo goberno soviético con capital en Yan’an (1935-1949). A finais de 1947, fixo un esquema da política económica futura do goberno comunista: requisa das propiedades feudais e distribución entre os campesiños, nacionalización do capital burocrático e control da banca, da industria e do comercio exterior. O 1 de outubro de 1949 foi proclamada en Pequín a República Popular de China. Mao foi sucesivamente presidente do Consello, da república e secretario do partido. A partir de 1958...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
malo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mao Zedong.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de posicións teórico-prácticas establecidas por Mao Zedong. Estas concepcións quedaron patentes con motivo da controversia chinesa-soviética (1960-1964) que abriu un gran debate internacional sobre os problemas de edificación do socialismo, favorecido pola aparición da Revolución Cultural (1965). Os temas fundamentais da doutrina maoísta son o recoñecemento do pobo como forza principal da revolución e da historia, a aceptación do feito de que o proletariado ten que acadar o poder de forma violenta, e a esixencia de que a ditadura do proletariado continúe de forma prolongada ata chegar a unha sociedade sen clases, pero con garantía das liberdades políticas.
-
-
Relativo ou pertencente ao maoísmo ou aos maoístas.
-
Partidario do maoísmo.
-
-
CIDADES
Cidade do sheng de Guangdong, China, situada a 80 km ao NL de Zhanjiang (178.683 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO