"mercha" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

    1. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘tenda’.

    2. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘ferraxaría’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade empresarial que forma parte da función de distribución e comprende todo o conxunto de accións que intentan adoptar as características do produto e a súa presentación ás necesidades e aos gustos do consumidor. Actúa fundamentalmente sobre o comercio polo miúdo, colaborando coas empresas deste último nivel de comercialización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía mercantil inglesa. Fundouse en Londres (1407), e no período de máximo desenvolvemento (ss XV e XVI), conseguiu controlar case todo o comercio inglés. Derrogados os seus privilexios polo Parlamento en 1689, foi disolta en 1806.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade do sistema bancario inglés, especializada en servizos financeiros, como o know-how. A súa actuación inclúe a emisión de accións, obrigas e préstamos a longo prazo normalmente asegurados, fusións e adquisicións, OPA, xestión e administración de carteiras, xestión de fondos de investimento, asesoramento empresarial ou enxeñaría financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO