"nende" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 24.
-
GALICIA
Funcionario do Ministerio de Facenda que exerceu o xornalismo e a creación literaria en diferentes xornais e revistas galegas. Publicou El Liceo-Recreo Orensano. Su pasado. Su presente. Su futuro (1930) e Del Orense antiguo (1935), conxunto de feitos históricos e anécdotas ourensás.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento iniciado durante o período nazi por un grupo de cristiáns da igrexa evanxélica alemana, que se opuña á política de intromisión eclesiástica do goberno e á igrexa estatal representada polos Deutsche Christen (Cristiáns Alemáns). Fronte a eles definiu a fe e a misión da Igrexa (sínodo de Barmen, 1934) e instituíu unha administración provisional con autoridade canónica.
-
GALICIA
Xurista, avogado, economista, escritor e político rexionalista. Formouse en Santiago de Compostela con Melchor Salvá Ormaechea, Benito Núñez Forcelledo e Luis Zamora Carrete, doutorándose en Madrid o 25 de maio de 1885 cunha tese titulada Reglas equitativas para trazar la línea divisoria entre ambas potestades, o sea entre los derechos y los intereses de la Iglesia y del Estado. Foi catedrático de Dereito Natural en Oviedo e de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela, feito que lle levou a publicar o primeiro Programa de Hacienda Pública (1888). En 1887 publicou dúas obras xurídicas: Fundamentos del derecho de propiedad e El principio fundamental del derecho: lecciones elementales de historia de la filosofía del derecho. Nesta obra definiu a súa filosofía do dereito, considerado como un poder inviolable de esixir doutro algo conforme á lei natural e como o poder moral abstracto que convén levar ao termo dunha relación...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Profesor na University of Wisconsin e especialista en temas lingüísticos e literarios medievais. Publicou varios estudios sobre o romanceiro e a historiografía medieval. É autor de, entre outras obras, Poema de Alfonso XI: fuentes, dialecto, estilo (1953), La escuela lingüística española y su concepción del lenguaje (1955), Siete siglos de romancero (1969), La tradición manuscrita en la “Crónica de Alfonso XI” (1974), Las lenguas circunvecinas del castellano: cuestiones de dialectología hispano-románica (1989), El español: orígenes de su diversidad (1989), De la silva textual al taller historiográfico alfonsí: códices, crónicas, versiones y cuadernos de trabajo (1997) e Arte poética del romancero oral: textos abiertos de creación colectiva (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. En 1970 ingresou na Universidade de Santiago de Compostela para estudar filosofía e letras e en 1999 na Universidade da Coruña na facultade de Ciencias da Educación. Empezou a colaborar en 1994 na Revista Educativa Padres y Maestros e publicou Cuentos para educar (1997), Soños de Carme (2000) e Voa cascuda! (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo (1890-1905). En 1858 foi ordenado sacerdote. Durante a súa etapa ovetense fundou e dirixiu a Igrexa de Santo Domingo de la Santa Obra do Catecismo. Foi profesor de latín, catedrático de teoloxía dogmática e reitor do Seminario de Oviedo. Escribiu en numerosas revistas e xornais, entre outras La Unidad, e traduciu ao asturiano o Evanxeo de san Mateo. Durante o seu mandato fundou varias escolas dominicais para o estudo do catecismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e pedagoga. Mestra de educación infantil, inicou a súa carreira teatral coa compañía Sarabela, coa que participou en diversos espectáculos como Cama de dous por dous para dous, co que obtivo o Premio Compostela de Interpretación, ou A Esmorga. Tamén traballou co Centro Dramático Galego en espectáculos como Un soño de verán e Leoncio e Helena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso agostiño. Foi bispo auxiliar do arcebispo Miguel Payá i Rico en Toledo (1887-1894), bispo de Tui (1894-1914) e arcebispo de València (1914-1916). Destacou pola súa aberta oposición ao carlismo. Escribiu Otra historia (1899) e A los asociados de El despertar del Tea en Buenos Aires (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. En 1565 foi designado adiantado e gobernador de Florida. Gobernador de Cuba (1567), puxo en marcha o proxecto de fortificar toda a costa de Florida. En 1574 foi nomeado capitán xeneral da frota, para organizar a Armada Invencible, pero morreu mentres desenvolvía esta tarefa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Santander (1784-1819), foi perseguido por franceses e liberais, refuxiouse en diferentes mosteiros de Galicia, pero rematou fuxindo a Portugal, debido á incautación da súa obra El recíproco sin y con Dios de los hombres. Tras o retorno do absolutismo, regresou a Galicia e foi reintegrado finalmente na súa sé en Santander.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Mercantil en diferentes universidades, foi ministro de Educación e Ciencia (1976-1977) e maxistrado do Tribunal Constitucional. Foi nomeado decano de honor da facultade de Dereito da Universidad Autónoma de Madrid e membro permanente do Comité Marítimo Internacional. Escribiu Transformación, fusión y escisión de la sociedad anónima (1993), El Derecho, la Ley y el juez (1997) e Disolución y liquidación de la sociedad anónima: (artículos 260 a 281 de la Ley de Sociedades Anónimas) (2002). É doutor honoris causa polas universidades de Oviedo e Carlos III de Madrid, recibiu a Gran Cruz de Alfonso X El Sabio e a de Carlos III, así como o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Foi discípulo en Barcelona de Llorens i Barba e de M. Milà i Fontanals (1871-1873). Doutorouse en Madrid (1873-1875), onde permaneceu impermeable ao krausismo imperante. Na súa Historia de los heterodoxos españoles (3 volumes, 1880-1882) incluíu homes de fronteira ideolóxica, como os erasmistas, os filoxansenistas e os regalistas. Todos os consideraron como marxinais na verdadeira cultura hispánica, que el identificaba coa estritamente ortodoxa, e probou todo o contrario, que estes representaban unha parte salientable desta cultura. Despois de publicar esta obra gañou a cátedra de Literatura Española na Universidad de Madrid (1878). Cómpre mencionar o seu afervoado nacionalismo español, que destacaba o “xenio da raza” operando sobre a tradición romana e cristiá. Afiliado á Unión Católica de A. Pidal i Mon, en 1883 foi deputado liberal-conservador polas Illes Balears. En 1891 foi elixido deputado por Zaragoza, e desde 1893, senador. A súa obra capital foi Historia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e historiador. Doutorouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1893), onde foi discípulo do profesor M. Menéndez Pelayo. Catedrático de Filoloxía Románica (1899-1939) na Universidad de Madrid, consagrouse ao estudo da épica medieval e emprendeu a investigación rigorosa das crónicas medievais, ademais de interesarse polos aspectos sincrónicos da lingua e da dialectoloxía. En 1901 foi elixido membro da Real Academia Española, que presidiu nos períodos 1925-1939 e 1947-1968. A partir de 1910 dirixiu o Instituto de Estudios Históricos e, en 1914 fundou a Revista de Filología Española. Durante a Guerra Civil refuxiouse en Cuba e Nova York, e ao seu regreso iniciou a publicación de Historia de España (1947), que dirixiu, e na que colaboraron máis de 250 especialistas españois e estranxeiros. A súa grande obra Cantar de Mio Cid (1908-1912), en tres volumes, contén o texto paleográfico e crítico do manuscristo da xesta e constitúe un estudo capital da lingua castelá da época,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piragüista. Gañou a medalla de prata de K-4 1.000 m nos Xogos Olímpicos de Montréal (1976) e nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980) conseguiu a medalla de prata de K-2 500 m, e a medalla de bronce de K-2 1.000 m. Retirado da alta competición, dedicouse á representación de deportistas. Na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Barcelona entrou co facho olímpico no estadio de Montjuïc.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Colaborador en distintos xornais e revistas, iniciou a súa andaina profesional en La Región (1979-1981); posteriormente incorporouse á redacción de El Ideal Gallego (1982) e á emisora central da SER en Galicia. Desde 1985 desenvolveu diversos cargos na TVG, entre eles a dirección desde 1994 do programa Galeguidade. Escribiu Toda a Terra é dos homes (1993) e Vida e viaxes na Galeguidade (1997) e dirixiu a serie documental Terras de Merlín (2003). Recibiu o Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo (1983) e o Premio Galicia de Xornalismo (1990) pola serie Galicia no Mundo, producida pola TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e escritora. Interveu en diversos programas de TVE como Barrio Sésamo, La bola de cristal e Los mundos de Yupi. Escribiu algunhas obras de teatro e moitos contos, dos que destacan La máquina maravillosa (1989), Pablo y su elefante (1991), Ese no es mi zoo (1993), Pablo y su elefante el día en que la clave voló (1995), La expedición perdida (2000), Caos en el súper (2002) e Este duende es una ruina (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nuno Menéndez.
-
GALICIA
Escritor. Especializado en dereito, da súa produción destacan Las particularidades de derecho patrimonial en el noroeste de España, ante la compilación gallega y el Código Civil (1964), o ensaio Separatismo e unidade: unha mitificación histórica (1970), cun prólogo de Ramón Piñeiro, e A reforma da compilación do dereito civil en Galicia (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Facenda nos gobernos do conde de Ofalia (1837-1838), de Narváez Campos (1844-1846), Istúriz Montero (1846-1847) e, de novo, Narváez Campos (1848-1849). Posteriormente, foi xefe de goberno dun gabinete da Unión Liberal (febreiro-setembro 1864). Realizou a reforma tributaria de 1845, que consistía nun sistema ecléctico de impostos directos e indirectos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante humorístico. Comezou facendo ilustracións de libros infantís, películas de debuxos animados e debuxo publicitario. Deuse a coñecer como humorista e creou historias sen palabras só protagonizadas por animais. Colaborador do xornal La Nación desde 1997, realizou filmes para a televisión francesa. Das súas obras destacan Crazy Cowboy (1972), Mordillo Football (1982) e Mordillo Love Story (1999). Recibiu o Premio Nakanoki (1977) e a medalla de ouro da Asociación de Dibujantes Argentinos.
VER O DETALLE DO TERMO