"ovai" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CIDADES

    Cidade e capital da parte flamenga da provincia de Brabante, Bélxica (88.581 h [2001]). Situada na beira do Dijle, ten unha rica industria e é centro dunha próspera zona agrícola. Foi capital do Ducado de Brabante desde mediados do s XII ata finais do s XIV, cando pasou a selo Bruxelas. Dispoñía dun mercado cun gran movemento de exportación, favorecido por unha óptima situación no camiño Bruxas-Colonia e, en 1378, os seus artesáns tiveron que intervir no goberno ducal. No s XVI, ao minguar a súa importancia económica, a universidade, fundada en 1425, converteuse nun centro prestixioso de cultura humanística. Suprimida en 1797, foi reorganizada como universidade católica en 1835. En 1968 as reivindicacións flamengas conseguiron a transferencia no sector valón da parte francófona, e desde 1970 a universidade consta de dúas entidades independentes. Destacan os edificios do concello, as igrexas góticas de Sint Jakob e Sinte Gertrud, a igrexa barroca de Sint Michiel, o Beguinatge (Groot Begijnhof)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Quiroga. Do antigo castelo consérvase unha torre de base cadrada e parte da primitiva edificación como son os muros, fosos e defensas, ventás e portas. Foi habitado nos ss XVI e XVII polos comendadores da orde de San Xoán de Xerusalén. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘valente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Coñecido como Amado Villar Novaiz ou O Meleiro, emigrou   a Bos Aires, onde colaborou en publicacións como Caras y caretas e El Hogar. De volta en Galicia, traballou na prensa viguesa e colaborou en revistas literarias, como Ronsel. Sobre o 1926 volveu a Bos Aires, onde coñeceu a F. García Lorca. Publicou os poemarios Del amor y del alma (1918), La serena exaltación (1921), Versos con sol y pájaros (1927) e Marimorena (1934), e a novela Carne triunfal (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO