"pexe" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Foi deputado nas Cortes polo distrito da Fonsagrada, en cinco ocasións entre 1881 e 1899, e senador en doce lexislaturas entre 1899 e 1923 por Lugo. Pertenceu ao Partido Liberal de P. M. Sagasta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do pexegueiro, de forma redonda, de pel fina con lanuxe, de cor vermella, amarela, laranxa, verde ou branca, e carne doce, branca ou laranxa. A carabuña é oval, dura e engurrada e coa carne moi pegada a ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia, de ata 8 m de altura, con ramas sen espiñas, de follas simples, alternas, lanceoladas, pecioladas e co bordo dentado, flores solitarias, ás veces dúas, de cor rosada e froito en drupa globosa. Florece entre febreiro e marzo. É orixinaria de China e cultívase sobre todo en zonas de clima temperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace na parroquia de Ventosela (Redondela) e desemboca na ribeira dereita da ría de Vigo, na parroquia de Cesantes (Redondela).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Pertencente ao grupo poético Rompente, foi un dos protagonistas da renovación poética do último cuarto do s XX en lingua galega. Tras a súa estadía en Madrid, regresou a Galicia e ingresou no Seminario Maior de Vigo, onde estudou filosofía, teoloxía e literatura. Abandounou o seminario (1970) e, despois dunha breve etapa en Barcelona, regresou novamente a Vigo para participar en diversas accións culturais, como as Follas de Resistencia Poética e a creación de Rompente (1975). Redactor de Vagalume (1976-1978), cofundou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980), en que exerceu como secretario (1980-1985), e foi coordinador da revista Escrita. Promotor do I Congreso de Escritores en Lingua Galega (1981) e do encontro literario GALEUSCA, co abandono da AELG, decidiu volver a Barcelona (1985-2000) e quedar á marxe dos círculos literarios de Galicia, polo que foi considerado un “poeta maldito”. Da súa obra, principalmente poética e con algunhas incursións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Tui. Datada en época medieval (s XII), pertencía a un antigo mosteiro xa desaparecido. Do templo medieval consérvase a nave. Na fachada occidental destacan tres arquivoltas de directriz semicircular con xambas e columnas monolíticas cos capiteis decorados. A portada norte ten capiteis decorados e a do sur posúe unha chambrana de billetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello dos Blancos baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome latino Pegertus, de orixe descoñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Os seus restos foron traídos a Galicia en 1830 por Xosé A. Ribadeneira, alto dignatario eclesiástico nacido en Buciños, desde o cemiterio das catacumbas de san Calisto xunto co vaso do seu sangue e unha lápida marmórea que levaba inscritos o nome do novo santo e o seu crismón. É protector dos mozos que se incorporan a quintas e dos soldados. Represéntase como a un mozo novo xacente. A súa festividade celébrase o 9 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO