"piceno" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Áscoli Piceno, nas Marcas, Italia, situada na confluencia dos ríos Trento e Castellano (52.415 h [1997]). É o centro comercial dunha ampla área agrícola. Foi a antiga Asculum, capital dos piceni, populus conquistado polos romanos no 286 a C. Participou activamente na guerra entre Roma e os seus antigos aliados (91 a C). Despois de ser ocupada polos godos (contra o 544) e polos lombardos, que a incorporan ao ducado de Spoleto, a cidade foi gobernada sucesivamente polos bispos locais ata que se constituíu en comuna libre no 1185. Durante os ss XIV e XV foi gobernada por señores feudais leigos, ata que no 1504 se estableceu nela o dominio pontificio, que durou deica 1860. Durante o período napoleónico a cidade formou parte do Reino de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia italiana da rexión das Marcas (2.087 Km2; 367.498 h [1997]). A capital é Áscoli Piceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é común aos dous sexos.

    2. Aplícase ao substantivo animado que, cun só xénero gramatical, designa indiferentemente os dous individuos, masculino e feminino, dunha mesma especie, sen distinguilos lingüisticamente (a víctima, a criatura, o reiseñor, a cobra). Se cómpre particularizar o sexo, recórrese aos termos macho e femia (o sapoconcho macho - o sapoconcho femia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo aromático policíclico que se localiza no alcatrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Italia, situada entre a cordilleira dos Apeninos e o Mar Adriático, actualmente dividida entre as rexións de Marcas e Os Abruzos. Os seus habitantes presentaban características culturais e lingüísticas semellantes aos dos ilirios dos Balcáns. Das súas poboacións destacan Asculum (Ascoli Piceno), Firmum (Fermo), Ancona, Cupra Maritima, Cupra Montana, Auximum (Osimo), Numana e Adria (Atri). O territorio foi conquistado polos romanos (268 a C) e a rexión foi repartida, de acordo coa Lex Flaminia, entre colonos. En Asculum estoupou, en 90 a C, a Guerra Social, coa que conseguiron que Roma lles concedese o dereito de cidadanía. Baixo Augusto pasou a constituír a V rexión de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO