"stil novo*" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Grupo poético xurdido en Italia a mediados do s XIII no que se encadran Guido Guinizzelli, Guido Cavalcanti, Dante -nunha primeira etapa-, Lapo G., G. Alfani, Dino Frescobaldi e Cino da Pistoia. O seu nome propúxoo Francesco de Sanctis no s XIX, a partir dunha pasaxe da Divina Comedia de Dante (Purgatorio, XXIV, v. 57), onde o poeta florentino Bonagiunta da Lucca recoñece o autor como cultivador do “dolce stil novo ch’i odo”, fronte á tradición trobadoresca. A súa poética partiu da filosofía tomista, da escola poética siciliana e das convencións do amor cortés da poesía provenzal, que reformularon baixo o influxo do movemento franciscano que predicaba a sinxeleza, a sinceridade e a convivencia harmónica entre o home e a natureza. O tema único destes poetas foi a expresión dun amor espiritualizado e interiorizado ao máximo, que superaba a idea trobadoresca da vasalaxe entre o poeta e a dama, propia do feudalismo, en favor do concepto de gentilezza, de aí que na súa poesía, a xentileza se...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dolce stil novo.

    VER O DETALLE DO TERMO