"tarai" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou como axudante de dirección. Combina co seu propio estilo as preocupacións sociais, tratadas con ironía melancólica cunha forma sólida de dirixir. Entre as súas principais realizacións destacan La parte del león (1978), Tiempo de revancha (1981), Los últimos días de la víctima (1982), La ley de la frontera (1995) e Martín Hache (1997), protagonizada por Federico Luppi, un dos seus actores favoritos. Rodou a serie de televisión Aventuras de Pepe Carvalho (1983-1985). Polo seu filme Un lugar en el mundo (1991) recibiu premios en Arxentina, España (Premio Goya e Concha de Oro en Donostia), Canadá, Suíza, Francia e Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Franxa da chaira pantanosa que se estende ao pé dos Siwalik ata a chaira ganxética, entre o S de Nepal e India, formada pola resurxencia das augas infiltradas nos terreos do pé de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Taraio (Malpica de Bergantiños). Construíuse en cantaría de granito, con planta en forma de L pero as reformas conformaron unha planta rectangular. Na fachada conserva un escudo coas armas dos señores de Taraio.

    VER O DETALLE DO TERMO