"taxia" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Contraccións musculares involuntarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno caracterizado pola falta ou pola alteración da coordinación dos movementos.

    2. Ataxia caracterizada pola asociación desta con fenómenos espasmódicos, causada por un tumor do corpo calloso.

    3. Ataxia producida por lesións das vías cerebelosas. Hai unha descompensación dos movementos (asinerxia) de tal xeito que non se acada nunca o obxectivo proposto (disimetría). Ao camiñar, o atáxico é incapaz de seguir unha liña recta e mantén os pés separados.

    4. Ataxia parecida á cerebelosa acompañada de trastornos de conduta, por lesións no lóbulo frontal.

    5. Ataxia orixinada por unha disociación entre pensamento e afectividade.

    6. Ataxia causada por afección da sensibilidade profunda que vai polos cordóns posteriores da médula espiñal. O individuo camiña bruscamente, deixando caer os pés fortemente sobre o talón.

    7. Ataxia orixinada polo descoñecemento dun propio hemicorpo que se move incoordinadamente. Está causada por lesións do lóbulo parietal.

    8. Ataxia producida por alteración dos nervios periféricos, especialmente polas polineurites.

    9. Ataxia ocasionada por lesión no tálamo; presenta ademais dunha hemiataxia, unha síndrome talámica.

    10. Ataxia producida por alteracións vestibulares labirínticas. Comporta trastornos da marcha caracterizados polo feito de que o individuo se sente atraído cara ao lado da lesión; se o desequilibrio é moi acentuado, está obrigado a cruzarse de pernas (marcha en tesoiras). Está acompañada de vertixes e nistagmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode contaxiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transmitir por contaxio unha enfermidade ou outra cousa.

    2. Transmitirse por contaxio unha enfermidade.

    3. Transmitir a outro, ou adquirir por medio doutro, costumes, gustos, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á epitaxe. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de que estratos xeolóxicos afastados entre si conteñan os mesmos fósiles. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe do exército na antiga Grecia, instituído no inicio do s V a C. Estes tiñan por misión comandar os hoplitas.

    VER O DETALLE DO TERMO