"xirón" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Gravado rupestre, tamén coñecido polo nome de Teixugueira, situado en Samieira (Poio). Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de forma triangular que ocupa a oitava parte do escudo e que ten a súa base nun bordo e o vértice no centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cualedro baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Gironde ou as seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Gironde.

    1. Relativo ou pertencente aos membros do grupo político da Revolución Francesa que actuou na Asamblea Lexislativa e na Convención Nacional. Déuselles este nome porque tiñan deputados do distrito de Gironde. Proviñan da burguesía enriquecida polos bens comunais e foron perseguidos por votar as leis contra os emigrantes e o clero refractario (1791). Os seus dirixentes foron Brissot, Condorcet, Vergniaud, Gensonné e Guadet, entre outros. Formaron un goberno efémero, dirixido por Dumouriez (marzo de 1792) e ao formarse a Convención en setembro constituíron o grupo moderado. Defenderon a propiedade, o librecambismo e a república ilustrada. En novembro foron eclipsados polos montagnards, radicais, e a deserción de Dumouriez (abril de 1793) iniciou a súa caída, que culminou coa súa expulsión da Convención en xuño e a súa persecución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Girona e aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Girona.

    VER O DETALLE DO TERMO