"xudía" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Comunidade xudía que se instalou en Exipto despois da destrución do templo de Xerusalén (arredor do 586 a C). En tempos de Filón, os xudeus de Exipto chegaron a ser un millón. Foron helenizados como o amosa a súa produción literaria en lingua grega. Esta helenización fixo necesaria a versión da Biblia ao grego, denominada dos Setenta. Outras obras alexandrinas son os oráculos sibilinos, amplamente coñecidos no helenismo, os libros II, III e IV dos Macabeos e o prólogo e versión grega do Libro da sabedoría de Salomón. A vontade de helenización dos xudeus de Alexandría culminou en Filón (20 a C-40 d C) pero vai diminuír coas revoltas e persecucións da época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Xudea ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Xudea.

      1. Relativo ou pertencente ao xudaísmo.

      1. Relativo ou pertencente ao xudaísmo.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo xudeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herbácea anual e gabeadora, altamente polimórfica, de máis de 3 m de lonxitude, cos talos delgados e febles aínda que suberizados na base. Presenta raíces superficiais, follas estipuladas, con pecíolo longo, trifolioladas, cos folíolos entre ovados e rómbicos, e inflorescencia en acios axilares ou terminais -de 7 a 30 cm de lonxitude, en pedúnculos ergueitos e algo pubescentes-, de flores de cor branca, amarela, rosada, violeta ou púrpura. Os froitos son vaíñas lineares máis ou menos comprimidas, algo curvadas ou rectas, cilíndricas ou aplanadas de entre 4 e 20 cm de lonxitude e de 1 a 1,5 cm de ancho, e cando maduran son de cor morada, amarela ou case que negra. Estes froitos presentan de 2 a 15 sementes, con forma de ril, de cor branca, negra, vermella, amarela, rosa, café, cinsenta ou con pintas, de 4 a 20 mm de lonxitude e de 3 a 12 mm de ancho. É unha especie orixinaria de México e Centroamérica que levaron os españois e portugueses a outras partes de América, Europa e África. Cultívase...

    2. Froito das plantas da familia das fabáceas.

    3. Semente das plantas da familia das fabáceas.

    4. Cada unha das boliñas brancas ou negras coas que se fan as votacións nalgunhas asociacións ou institucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción propia dos xudeus.

    2. Acción que pretende o dano de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO