"AES" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
PERSOEIRO
Pintor holandés. Nas súas obras, estruturadas nun eixe diagonal, abandonou o agrupamento pola simple xustaposición de elementos na busca da profundidade. Autor de naturezas mortas, a cor, de tonalidade monocroma, serviulle para acadar un estilo sobrio e conciso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á peza que ten escaques contrapostos ás faixas do escudo.
-
-
Noiro do foso dunha fortificación permanente oposto á escarpa.
-
Diminución progresiva da espesura dun muro que ten a cara externa vertical.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo co que se reforza a escota para facilitar a manobra cando vai vento forte ou temporal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento que anula unha escritura pública anterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
contradecotado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente encargado da contraespionaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actividade de vixiar ou descubrir espías inimigos mediante axentes secretos que dependen de organizacións especializadas da policía secreta, do exército ou doutras forzas de defensa do Estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
contradecotado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo groso que lle axuda ao estai a soster o pau ou o mastro tirando del cara á proa.
-
PERSOEIRO
Navegante e explorador portugués. En 1487, por orde do Rei Xoán II, partiu de Lisboa ao mando de tres navíos co fin de continuar coa exploración das costas africanas atlánticas e localizar un paso cara á India. Nas costas meridionais de África foi sorprendido por unha gran tormenta, de xeito que bautizou a punta extrema dese continente como Cabo das Tempestades, posteriormente chamado Cabo de Boa Esperanza por Xoán II posteriormente. En 1497 acompañou a Vasco da Gama á India. Naufragou no Cabo de Boa Esperanza no 1500.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor belga. Traballou a pedra, o ferro, a chapa e a cera fundida. A súa obra é de carácter figurativo pero introduciu a deformación para amosar unha visión particular do mundo que o rodeaba. Entre as súas obras destaca A Lumumba (1961) e L’aviateur (O aviador, 1983), instalada no metro de Bruxelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Pickenoy, considerouse o mellor retratista da burguesía de Amsterdam ata a aparición de Rembrandt. Entre as súas obras destacan os retratos de Jochem Hendrechsz (1627) e Maria Jachemsdr (1627).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter educativo aparecida en Vigo en 1927. Cesou a súa edición en 1936. Coordinada por Apolinar Torres, incluíuse xunto ao xornal vigués El Pueblo Gallego. Contou coa colaboración de Víctor Fráiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos equaesos.
-
Individuo do pobo prerromano dos equaesos.
-
Pobo prerromano do Conventus Bracarensis, situado, segundo Plinio, entre os callaecos e os limicos. Puídose estender polo val do Salas e as vertentes occidentais da serra do Larouco. Na epigrafía documéntanse varias inscricións nas que aparecen individuos deste pobo.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade decenal aparecida en Ourense en 1911. Dirixida por Heliodoro Iglesias, incluía información educativa de interese para os mestres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe asturiana que se estableceu en Tui. As súas armas levan un escudo partido: primeira partición, de goles, cun castelo de prata; segunda partición, tamén de goles, cun grifón de ouro.
-
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, a súa obra caracterízase polos trazos enérxicos, as figuras esquemáticas e o traballo de tintas de cores sobre papel. Traballa con grandes formatos. Das súas exposicións destaca a realizada na Casa da Parra en 1992. Participou, entre outras mostras, na XXI Bienal de Pontevedra, na II Mostra Unión Fenosa (1991) e na Trienal Latina (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en Tierra de Barros, preto do río Guadajira (6.876 h [1996]). Destaca a agricultura (cereais, viña e oliveiras) e a gandería ovina e porcina. Tamén hai industrias derivadas e da madeira. Segundo a tradición foi fundada por Augusto no 38 a C co nome de Castra Vinaria. Foi recuperada polos cristiáns na primeira metade do s XIII e pasou a ser señorío da orde de Santiago. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, o recinto amurallado e o foso, a igrexa da Candelaria (s XVI), con torre gótico-mudéxar (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do distrito de Braga, Portugal, no Entre Douro e Minho, a 50 km ao NL de Porto (22.054 h [1981]). Situada preto do río Ave, experimentou un rápido crecemento grazas á industria (téxtil) e á súa famosa coitelería. Aínda que elevada á categoría de cidade en 1853, está considerada o berce do Reino de Portugal, ao ter sido a capital do condado portucalense. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa do antigo convento de Nossa Senhora da Oliveira, o barrio medieval, o edificio do concello (s XVI) e a praza de São Tiago (ss XVII-XVIII). Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2001.
VER O DETALLE DO TERMO