"AGAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 62.
-
-
Masa de materias fecais, dura dabondo para conservar a forma máis ou menos cilíndrica ou arredondada que tomou no intestino humano ou animal.
-
Cada unha das bólas que adoitan formar os excrementos sólidos dun cabalo ou dun burro.
-
e
-
e
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestre. Foi o creador, a finais de 1932, da Escuela Rural de Budiño (O Porriño) na que funcionou, ata o 1936, unha Cooperativa Rural Escolar Anexa a la Escuela Nacional de Niños (CREANN). Durante a Segunda República esta escola foi visitada por grupos de mestres que celebraban as semanas pedagóxicas dentro dos programas das Misiones Pedagógicas. Nel influíron tanto os escritos de Joaquín Costa como de López Otero. É autor de varios escritos onde deixou constancia da experiencia do seu proxecto: “La Escuela Rural. Proyecto y ensayo en Budiño (Porriño)”, memoria redactada en 1940; “La Cooperativa Rural Escolar de Porriño (CREANN)”, artigo publicado en El Magisterio Español e tamén publicou varias colaboracións no Boletín de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito.
-
PERSOEIRO
Impresor. Estableceuse en Pontevedra no 1881. No seu obradoiro imprimíronse as revistas La Voz de Suevia (1881-1882), El Trueno (1885), Galicia Cómica (1885-1886), El Látigo (1889) e a Unión Republicana (1892-1989) e, entre outros, os libros: Colección de poesías gallegas (1882), de F. Portela Pérez; Cuadro de la literatura gallega en los siglos XIII y XIV (1886), de Augusto González Besada; Pelra antre seixos (1888), de Rogelio Lois; Homenajes dedicados a la memoria del difunto filósofo y eximio escritor Indalecio Armesto (1890) e Un café flamenco en Galicia y otras poesías, de E. Labarta. Trala súa morte a imprenta pasou á súa viúva e aos seus fillos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De familia xudía, formouse en Vitebsk no estudo de Jehuda Pluma. En 1907 trasladouse a San Petersburgo para asistir á Escola Imperial, onde estudiou baixo a dirección de Leon Bakst. No 1910 viaxou a París e coñeceu entre outros a Apollinaire, Max Jacob, Léger e Modigliani. En 1911 participou no Salon d’Automne e no Salon des Indépendants. Tres anos despois expuxo na galería Der Sturm de Berlín e regresou a Vitebsk, onde fundou unha academia de arte en 1917. Coa revolución foi nomeado comisario de Belas Artes en Vitebsk en 1918, pero a súa obra, de carácter fantástico, chocou coas premisas oficiais que procuraban unha arte realista que comunicase unha mensaxe social. En 1920 trasladouse a Moscova e realizou os decorados do Teatro Xudeu, pero axiña viaxou a Berlín en 1922 e a París en 1923, onde se estableceu e ilustrou obras para Vollard, como as Fábulas de Apollinaire. En 1926 expuxo por primeira vez en Nova York e, ao estalar a Segunda Guerra Mundial, estableceuse nos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pegureiro, fillo de Dríope, con sona de xusto e prudente. A lenda conta que un día se lle apareceron as tres divindades, Ártemis, Apolo e Heracles, para que decidise quén reinaría a cidade de Ambracia. Como escolleu a Heracles, Apolo, anoxado, transformouno en rocha. Os ambracianos, dende aquela, ofrecíanlle un sacrificio logo de cada festividade dedicada a Heracles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina utilizada na dragaxe e escavación de terras. O elemento escavador é unha culler que bascula pendurada duns cables de sostemento, acompañados dunha polea fixada no extremo dunha pluma de inclinación variable (mentres que o outro extremo pivota sobre a cabina) e que é arrastrada por uns cables; a tensión destes é a que determina o ángulo de incidencia da culler durante a escavación. As dragalinas utilízanse na construción de cimentos, canais, trincheiras, diques, terrapléns e para extraer area e grava dos ríos.
-
-
Desfacer as partes que constitúen algo botándoas abaixo.
-
Separar cousas que estaban xuntas ou amontoadas.
-
Descolocar as cousas que estaban ordenadas e arranxadas.
-
Desfacerse unha cousa completamente ao virse abaixo.
-
Separarse cousas que estaban xuntas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
esmagar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se localiza fóra da galaxia da Vía Láctea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pidgin, que se fala na África meridional, orixinado polo contacto entre colonizadores británicos, falantes de zulú e un pequeno número de afrikaners na provincia de Natal, Sudáfrica, no século XIX.
-
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, a súa obra caracterízase polos trazos enérxicos, as figuras esquemáticas e o traballo de tintas de cores sobre papel. Traballa con grandes formatos. Das súas exposicións destaca a realizada na Casa da Parra en 1992. Participou, entre outras mostras, na XXI Bienal de Pontevedra, na II Mostra Unión Fenosa (1991) e na Trienal Latina (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e nobre de orixe galega. Formado no Reino Unido, integrouse no rexemento español de Lisboa en 1771. Axudante do conde O’Reylly durante o sometemento de Louisiana ao poder español (1769-1790), ascendeu a xeneral de brigada en 1787. Como gobernador de Natchez entre 1789 e 1796 potenciou a creación de postos fronteirizos fronte á ameaza estadounidense, a sinatura de tratados coas tribos indias e a fundación de vilas, como San Fernando de las Barracas. Ascendido a brigadier dos Reales Ejércitos, foi designado en 1796 gobernador de Louisiana e de Florida occidental. Trala súa morte soterrárono baixo o altar da igrexa de Saint Louis de New Orleans. Escribiu Estado político de la Luisiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Xavier Fernández Magalhães.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sonda espacial da NASA que se lanzou a Venus en 1989. Os datos enviados serviron para facer un mapa do 97% da superficie do planeta, en que se detectaron volcáns. Ten unha resolución de 120 m.
-
PERSOEIRO
Escritor e diplomático brasileiro. Considerado o iniciador do romanticismo en Brasil, cultivou a lírica (Suspiros poéticos e saudades 1836), o teatro (Olgiato, 1841) e a novela (Amância, 1844). Da súa obra destaca o libro de poemas épico A confederação dos Tamoios (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante. De orixe nobre, en 1505 participou na expedición do vicerrei Francisco de Almeida en India. Navegou por Extremo Oriente e colaborou co vicerrei Alburquerque ata 1513, que volveu a Portugal. Combateu en Marrocos (1514) e en contacto co Rei Carlos I, suxeriu chegar as illas Molucas seguindo a ruta occidental pola demarcación castelá. En 1518 foi nomeado capitán xeneral da flota e gobernador das terras que descubrira. Partiu de Sevilla un ano despois con cinco naves e navegou ata Rio de Janeiro e Patagonia, e dirixiuse ao S onde descubriu o estreito que leva o seu nome. Iniciou a travesía do Pacífico con tres naves e en marzo de 1521 chegou as illas Marianas. Días despois arribou á illa de Cebu en Filipinas e percorreu outras como a de Mactán, onde morreu a mans dun grupo indíxena. A expedición continuou a viaxe, que acabou a nave Victoria, comandada por Juan Sebastián Elcano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. En poesía evolucionou do naturalismo, que reflectiu en Odes e canções (1884), ao simbolismo, en Cantos do Estio e do Outono (1908). A súa novela O brasileiro Soares (1886) sitúase na corrente naturalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de dúas galaxias irregulares do ceo austral, próximas á Vía Láctea, descritas por primeira vez por F. Magalhães en 1519. A máis grande, chamada Gran Nebulosa de Magalhães, está situada na constelación da Dourada, a unha distancia de 170.000 anos luz, e semella unha galaxia espiral barrada en formación. A máis pequena, denominada Pequena Nebulosa de Magalhães, está situada na constelación do Tucano a unha distancia de 140.000 anos luz. Teñen máis de 3.000 cefeidas. H. Leavitt deduciu a relación do período de luminosidade, de tal maneira que o coñecemento do período da estrela permite deducir a súa luminosidade intrínseca, que fai posible, por comparación coa luminosidade aparente medida, determinar a distancia á estrela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de orixe provenzal que procede dun hipocorístico de Magalona, forma occitana de Madalena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte interior carnosa dalgunhas froitas.