"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Institución fundada o 23 de marzo de 1967 por iniciativa do decano do Colexio de Avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, e de varios membros da xunta de goberno do mesmo. Entre os primeiros académicos que a formaron cómpre sinalar a Paulino Pedret Casado, Pío Cabanillas Gallas, Carlos Martínez Barbeito, Isidoro Millán Mariño e Antonio Rosón Pérez. Estrutúrase en cinco seccións: Dereito Administrativo, Urbanístico e Agrario; Dereito Civil Mercantil e Canónico; Dereito Fiscal e Laboral; Dereito Penal e Procesal e Dereito Foral Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada pola Convención Nacional en 1795, suprimida por Napoleón en 1803 e restablecida polo goberno de Luís Felipe en 1832. Ten a súa sede en París. Artéllase en cinco seccións: Filosofía; Moral e Socioloxía; Historia e Xeografía; Lexislación, Dereito Público e Xurisprudencia; e Economía Política, Estatística e Finanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científica fundada en París no ano 1820 co nome de Académie Royale de Médecine; en 1947 adoptou o nome actual. É un organismo consultivo encargado de estudar cuestións de saúde, alimentación e hixiene pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en París polo chanceler Pierre Séguier e o pintor Charles Le Brun (1648), segundo as normas establecidas na Accademia del Disegno de Florencia (1563) e na Accademia di San Luca de Roma (1593).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer durmir os nenos mediante nanas ou arrolos.

    2. Incidir no ánimo de alguén de xeito que diminúa ou mesmo desapareza a tensión, violencia, excitación ou enfado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación que recibe o verso grego ou latino ao que non lle falta ningunha sílaba, é dicir, que ten cabais todos os pés.

    2. Verso acataléctico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deficiencia mental caracterizada pola incomprensión, a dúbida e a incerteza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principal academia de Italia. Fundada en Roma por Federico Cesi (1603) para o estudo das matemáticas, das ciencias naturais e da filosofía. Desapareceu en 1630, pero foi restablecida no ano 1801. En 1870 desdobrouse na Pontificia Accademia delle Scienze e na Reale Accademia Nazionale dei Lincei, que se incorporou á Accademia d’Italia en 1939. Logo da súa reestruturación, realizada no ano 1944, organízase en torno a dúas seccións: a de filosofía, historia e filoloxía, e a de física, matemáticas e ciencias naturais; cada unha delas ten setenta e dous membros. A súa biblioteca posúe aproximadamente medio millón de volumes (1999); edita nove publicacións periódicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia artística de Roma fundada por Federico Zuccari no ano 1593. Ademais das súas actividades pedagóxicas, tivo importantes funcións representativas e unha intensa vida corporativa, estando aberta aos artistas estranxeiros. Desapareceu no ano 1874, coa creación do Reale Istituto delle Belle Arti, que asumiu as súas funcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo italiano. Coñecido polos seus estudios de anatomía. Atribúeselle o descubrimento dos ósos da orella interna chamados bigornia e martelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da paleontoloxía que estudia certos fósiles comparándoos con organismos vivos semellantes, observables na actualidade, dos que se analiza a influencia sobre o contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina coa que se indica que unha cousa non se vai realizar nunca, xa que en Grecia non existían as calendas (división do mes romano). Conta Suetonio (s I-II d C) que a empregaba moito Augusto na conversa familiar para dar a entender que alguén nunca pagaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Despois dunha etapa expresionista, que evolucionou cara ao Surrealismo, contra o ano 1968 concretou o seu estilo nunha figuración descomposta en elementos caligráficos. Por unha serie de trazos -emprego de cores planas e netas ou recurso á fotografía- a súa obra achégase ao pop-art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adega fundada en 1995 por José Rodríguez Fernández. Está situada en Salvaterra de Miño e conta cunha extensión de 40 hectáreas en propiedade, dende onde comercializa ao redor de 450.000 litros de viño ao ano. Produce viños de calidade como Veigadares, fermentado en barrica, e Don Pedro de Soutomaior, ambos elaborados exclusivamente con uva albariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade aeronáutica estatal francesa, creada, por fusión doutras, en 1970. Dedícase á construción de avións, Concorde ou Airbus, helicópteros, mísiles, sistemas balísticos e espaciais como satélites e o foguete espacial Ariane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Voronej 1826 - Moscova 1871) Folclorista ruso. Baixo a influencia de Grimm e Müller recolleu cinco volumes de fábulas populares rusas (1855-1863). Escribiu, tamén, unhas Consideracións poéticas sobre a natureza (1865-1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo ruso. Director do primeiro teatro de obreiros de Moscova do Proletkult. Nas súas obras tratou os problemas políticos e sociais durante a consolidación do novo réxime revolucionario soviético así como as súas relacións cos países estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. No ano 1978 publica o poemario Xuramento dun galego onde hai unha forte pegada da literatura oral, reflectida tanto na lingua popular empregada coma na sinxeleza da métrica. Outras das súas obras a destacar son: A aguillada do Moncho (1980) e Cadros de onte (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO