"Acer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • Provocar no ánimo dunha persoa ou animal, irritación, enfurecemento ou ira ata chegar ao límite da agresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de acertar.

    2. Feito con acerto, ben realizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acertar.

    2. Atopar a solución de algo incerto ou dubidoso.

    3. Facer chegar unha cousa a un punto preciso onde o axente a dirixía.

    4. Descubrir algo por casualidade.

    5. Chegar a coñecer de certo algo que se mantiña oculto ou sen resolución.

    6. Facer ben unha cousa, de conformidade co fin preestablecido.

    7. Tocar de xeito preciso cun proxectil ou outro obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Descubrir algo por casualidade.

    2. Atopar a solución de algo incerto ou dubidoso.

    3. Facer chegar unha cousa a un punto preciso onde o axente a dirixía.

    4. Chegar a coñecer de certo algo que se mantiña oculto ou sen resolución.

    5. Facer ben unha cousa, de conformidade co fin preestablecido.

    6. Tocar de xeito preciso cun proxectil ou outro obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de acertar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas miúdas.

    2. Patrimonio material e cultural que pertence a varias persoas ou unha comunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Glomérulo das flores.

    2. Corpo frutífero dalgúns fungos, constituído por unha capa de conidióforos que arrincan dun estroma plano e delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adaptar a hábitos diferentes dos adquiridos con anterioridade.

    2. Adaptarse a uns costumes determinados.

    3. Situarse en harmonía ou en sintonía con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Monforte de Lemos. Outra variante gráfica é Alcácere. As súas armas levan sobre campo de azur e sobre terreo de sinople, un alcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar pracer, agradar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación común que reciben os dinosauros do xénero Bagaceratops.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos protoceratópsidos, propios de finais do Cretáceo, de ata 1 m de lonxitude, co corpo groso, cola longa e patas sólidas, con cinco dedos nas anteriores e catro nas posteriores. Na parte posterior do cranio presenta un rebordo óseo e un corno pequeno no medio do fociño. Non ten dentes na parte superior do bico. Os xacementos máis importantes deste xénero atópanse en Mongolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico nacionalizado norteamericano. No ano 1980 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con G. Snell e J. Dausset. Os seus traballos permitiron caracterizar con máis precisión as reaccións de histocompatibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cáceres ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cáceres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paos que van dando forma curva á cheda do carro, cando este se está a construír.

    2. Ocos que teñen as cangallas do xugo do carro, onde van suxeitas as correas de coiro que pasan por debaixo do colo da vaca ou boi.

    3. Fendas de pequeno tamaño que ten a pedra do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidad Autónoma de Extremadura (77.768 h [1996]). Rodeada por dúas aliñacións montañosas da época precámbrica, está situada nunha chaira (meseta Trujillo-Cacereña), na que sobresaen algúns outeiros de natureza calcaria, como Alberca (530 m) e Cabezarrubia (510 m). Nestas aliñacións montañosas aparecen numerososo vales, entre os que destaca, polo seu valor paisaxístico, o val de Valdeflores. O clima é mediterráneo, con veráns secos e calorosos. A economía baséase esencialmente no sector terciario, derivada sobre todo das súas funcións político-administrativas e sanitarias. As industrias máis importantes son a azucreira e a química. Nos últimos anos aumentou considerablemente o turismo, atraído principalmente polo seu conxunto monumental, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1986. Fundada polos romanos (74 a C), foi tomada polos árabes en 1142. Durante os ss XII-XIII tivo lugar o proceso de reconquista que rematou coa toma da praza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Comunidad Autónoma de Extremadura (19.945 km2; 413.396 h [1996]). A capital é Cáceres. Está constituída por 119 concellos, entre os que destacan pola súa poboación, Plasencia (37.299 h), Navalmoral de la Mata (15.819 h) e Mijadas (9.907 h). A provincia formouse en 1833 trala división das terras extremeñas en dous, agrupando dentro dos seus límites a Alta Extremadura e algunhas vilas das antigas provincias de Ávila e Salamanca. A capitalidade disputábana Cáceres e Plasencia, aínda que finalmente recaeu sobre a primeira, polo seu maior peso como sé episcopal. O seu relevo está condicionado polos Montes de Toledo ao S, e polo Sistema Central ao N. O val do río Júcar e os seus afluentes atravesan a provincia. O tipo de gandería, a escaseza de auga e a agricultura de tipo extensivo, deron orixe a un poboamento de carácter concentrado. A súa economía baséase na agricultura (trigo, cebada, centeo, avea e millo) e na gandería (ovina, vacúa, porcina e cabrúa). As industrias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político peruano. Entre 1857 e 1860 foi agregado militar da legación peruana en París. Participou activamente na Guerra do Pacífico (1879-1883) onde liderou a resistencia peruana contra os chilenos. No ano 1886, foi elixido presidente ata 1890 cando foi derrocado por Morales Bermúdez. Nos anos seguintes foi destinado a Inglaterra e Francia como ministro plenipotenciario. A súa volta a Perú produciuse no ano 1894 cando ocupou o poder pola forza. A súa ditadura durou un ano, ata 1895, cando un novo golpe de estado o obrigou a exiliarse. Durante os seus mandatos presidenciais puxo en práctica unha política económica destinada a diminuír a débeda externa do seu país polo que cedeu a explotación do ferrocarril durante sesenta anos e parte da explotación de guano a Gran Bretaña. Entre 1905 e 1911 foi enviado extraordinario e ministro plenipotenciario en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO