"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación comarcal aparecida a finais de 1991 ou principios de 1992 na vila de Chantada que incluía novas referidas ao propio concello.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de acobadar.
-
-
Columna, piar ou moldura que pola súa disposición forma un cóbado.
-
eixo acobadado
Dise do eixo que define un fluxo espacial arquitectónico que forza un percorrido no que se ten que realizar un xiro de 45° para chegar ao lado menor dunha sala. Por exemplo, no acceso aos salóns do trono da antiga Mesopotamia, dado o efecto de hieratismo e maxestade que causa a quen accede deste xeito a un espazo arquitectónico.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apoiar o cóbado sobre algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convenio bilateral, asinado en 1988, para crear unha zona de libre comercio, entre o Canadá e os EE UU. No ano 1992, os dous membros e México acordaron crear a North American Free Trade Agreement (NAFTA), tamén zona de libre comercio.
-
PERSOEIRO
Escultor e entallador de retablos que traballou en Ourense. Participou, xunto a Xoán López, no retablo de San Martiño de Beariz (1615) no Carballiño, hoxe no concello de San Amaro. Tamén é autor do retablo da igrexa de Nosa Señora do Colexio de Allariz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Etimoloxicamente, antropónimo de orixe dobre: por unha banda, o hebreo ‘Adâh ‘adornada por Deus’, nome da primeira esposa de Esaú; pola outra, o xermánico Ada-, hipocorístico dun nome que ten como primeiro elemento adal- ‘caste nobre’. En diversas linguas é o nome familiar de Adelaida, Adela e Adán. Non hai santa con este nome.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa Baia. Antiga parroquia do concello de Taboada, na década de 1910 foi traspasada ao municipio chantadino, agás unha pequena parte do seu territorio que permanece no de Taboada, agregada á parroquia do Mato (San Martiño).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Linguaxe de programación desenvolvida durante a década de 1970 polo Departamento de Defensa dos EE UU. O seu nome procede de Ada Byron, que traballou coa calculadora mecánica de Babbage no s XIX. A motivación orixinal foi crear un sistema que permitise dispor dunha linguaxe mellor para a programación en tempo real, isto é, programar ordenadores para controlar equipos informáticos ou semiautomáticos.
-
-
Manto da Nosa Señora.
-
papoula.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carencia conxénita dos dedos das mans ou das dedas dos pés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten adactilia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus da treboada, probablemente de orixe hurrita, no panteón sumerio-acadio. Coñécense varios nomes derivados do seu (Benhadad e Hadadezer) e os arameos dábanlle o nome de Iskur; así mesmo, foi especialmente venerado en Asiria e tiña templos en diversas cidades de Babilonia. Segundo a teogonía sumeria controlaba as chuvias e producía os asolagamentos anuais. O seu culto era asociado ao da deusa Adargatis, con quen compartía o dominio do universo. Os romanos identificaron o seu culto co de Helios. Representábase cun raio na man.
-
PERSOEIRO
Rei de Asiria. Puxo os alicerces do poder asirio na alta Mesopotamia, que continuaron Salmanassar I e Tukulti-ninurta I, ao consolidar o territorio asirio fronte aos seus veciños. Fronte ao poder de Babilonia, gran rival do sur, logrou revirar a situación, favorable ata ese momento para os babilonios, ao derrotar a Nazimaruttash, rei casita. Así mesmo, freou as incursións dos lulubios e os guti, pobos montañeses dos Zagros que saqueaban as poboacións sedentarias de Mesopotamia. Polo oeste, o Reino de Khanigalbat (territorio residual da antiga Mitanni), que en vida do rei Shattuara I lle rendía vasalaxe, converteuse nunha posesión asiria logo de vencer a Wasashatta, fillo de Shattuara I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asiria. Creou as condicións precisas para a expansión asiria no s IX a C. Derrotou o reconstituído Reino de Khanigalbat (con sede en Nísibis), Nairi e Urartu, no norte, Kummani e Kutmukhi, ao noroeste, e os arameos do curso medio do Éufrates. Venceu tamén a Shamashmudammiq e Nabu-shum-ukin, reis de Babilonia, co último dos cales asinou un tratado favorable a Assiria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asiria. Fillo de Shamshi-Adad e de Semiramis, lanzouse á conquista da estratéxica e desunida rexión de Siria-Palestina, feito polo que conseguiu impor o seu tributo a Tiro, Sidón, Israel, Edom e Damasco. A forza do Reino de Urartu, que cobizaba o norte de Siria, fíxose sentir nos reinados dos seus fillos: Salmanassar IV, Ashur-dan III e Ashurnirari V.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do Sáhara, en Mauritania, formada pola sucesión dun erg e unha hamada, onde se atopan algúns oasis habitados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pao con punta de ferro que nalgunhas zonas recibe o nome de chuzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Betanzos. Da mesma familia é Adagueiro. As súas armas levan, sobre campo de prata, un escudo oval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2adaxio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adagara.