"Agar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 159.

    1. Depósito esponxoso calcario formado en covas e gretas.

    2. Ácido alcohol, que presenta a estrutura do ácido cítrico cun substituínte hexadecilo. Extráese dos cogomelos do xénero Agaricus e utilizábase antigamente con finalidades terapéuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da subclase dos agaricomicetídeos.

    2. Subclase de fungos da clase homobasidiomicetos con cogomelos de himenio libre antes da madureza, ao que pertencen as ordes dos agaricais, amanitais, boletais, cortinariais, entolomatais, pluteais, rusulais e tricolomatais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da familia agaricáceas. Teñen cogomelos moi carnosos, con sombreiro branco ou castaño, convexo ou plano e de superficie finamente fibrosa e escamosa con láminas rosas que, cando maduras, se volven negras e cun anel na parte superior do pé. En Galicia son frecuentes: A. arvensis, en prados, con cogomelos de cheiro anisado e carne que se volve amarela ao corte, bo comestible; A. campestris, en prados, con carne branca que vira lixeiramente a rosa ao cortala, excelente comestible; A. silvaticus, fundamentalmente baixo piñeiros, con carne que avermella, comestible; e A. xanthodermus, baixo carballos, con carne tóxica e cheiro desagradable que amarelece.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de agarimar.

    2. Acariñado con aloumiños e tenrura.

    3. Acollido ao abrigo de algo ou alguén, amparado, protexido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que agarima, ampara ou protexe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que agarima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Achegarse a alguén amorosamente para protexelo ou acariñalo.

    2. Ofrecer protección ou abeiro a unha persoa ou animal.

    3. Resgardarse das malas condicións climáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agarimar.

    2. Sentimento de amizade e tenrura que se manifesta cara a alguén.

    3. Elemento que gorece das malas condicións meteorolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que se considera derivado do latín aggremiare ‘coller no colo, amparar no colo (gremium)’. A súa festa celébrase o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista galega editada en Bos Aires na década de 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de gaitas fundada en Catabois (Ferrol) cara ao 1977 como Escola de Gaitas polo gaiteiro Manuel López Vergara. Dende o ano 1982 pasou a dirixila o gaiteiro Manuel García Pereira Lolete. Desta escola e banda saíron varias xeracións de gaiteiros e percusionistas de valía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sente agarimo ou expresa agarimo.

    2. Que protexe ou ampara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asa ou cousa semellante que se emprega para agarrar algo.

    2. Bocado de comida.

    3. agarrada.

    4. Palabra empregada na xerga dos cesteiros de Mondariz co significado de ‘man’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de agarrar ou de agarrarse.

    2. Discusión ou disputa violenta, física ou só verbal, entre dous ou máis individuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anel de ferro, fixo ou móbil, por onde se agarran algunhas cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • agarradoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de baile de orixe popular e centroeuropea. Resultan ser danzas de estrutura e pasos simples, que bailan parellas entrelazadas sen normas formais excesivamente ríxidas. Segundo a danza de que se trate, as parellas bailan soas ou en compaña doutras. Xorden despois da Revolución Francesa, como oposición ás suites de danzas cortesás amplamente estendidas no Barroco, de estrutura e pasos máis requintados, requeridores de mestre de baile. No seu arrinque suscitaron forte oposición nas cortes europeas pola súa orixe popular (revolucionaria). A Igrexa, que, vendo na aperta da parella un relaxamento da moralidade, promoveu a volta ás danzas tradicionais; malia todo, os bailes do agarradiño impóñense ao longo do s XIX en toda Europa. En Galicia desprazan os autóctonos das festas e romarías. Nunha primeira etapa, as novas melodías execútanse con instrumentos tradicionais, aos que, polo común, son axeitadas. Progresivamente van introducíndose os novos instrumentos do momento (acordeón,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de agarrar.

    2. Persoa apegada en exceso ao diñeiro, remisa a dar e a gastar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ou apéndice dunha vasilla ou doutro utensilio que serve para collelo.

    2. Parte de calquera obxecto polo que se agarra algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que agarra algo ou alguén.

    2. Na matanza do porco, aplícase á persoa ou persoas que collen con forza o animal.

    VER O DETALLE DO TERMO