"Alexander" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 71.
-
PERSOEIRO
Botánico alemán. Profesor de botánica nas universidades de Friburgo, Giessen e Berlín. Moi influído polas concepcións idealistas da filosofía alemá do seu tempo, escribiu obras teóricas sobre as relacións do individuo coa súa especie e coa sucesión das xeracións. En 1864 estableceu por primeira vez un sistema botánico que tiña relacións filoxenéticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político xamaicano. En 1938 fundou o Sindicato Industrial Bustamante e, en 1943, o conservador Partido Laborista de Xamaica. Foi ministro de Comunicacións de 1943 a 1953 e, durante o goberno autónomo, primeiro ministro entre 1953 e 1955; en 1962, trala independencia da illa, volveu ser primeiro ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño inglés, conde de Dundonald. Despois de ser elixido deputado, iniciou unha campaña contra a corrupción na mariña, polo que foi destituído dos seus cargos. Comandou a armada de Chile, Perú e Brasil, na loita pola independencia, e estivo á fronte da flota grega contra os turcos (1827-1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor renacentista flamengo. Rematou o mausoleo de Maximiliano I en Innsbruck (1561-1583) e esculpiu na catedral de Praga a tumba dos reis de Bohemia, Fernando I e Maximiliano II, rematada en 1589.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor canadense. Formouse no Mount Allison University (New Brunswick) onde foi profesor (1946-1963). Participou na Segunda Guerra Mundial como artista militar (1942-1946). A súa obra achégase ao realismo. Realizou os deseños para as moedas conmemorativas do centenario de Canadá (1967). En 1982 doou os seus debuxos de guerra ao Canadian War Museum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán. Director do Instituto Arqueolóxico Alemán (1887) e profesor na Universidade de Berlín, participou en campañas arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880) e Pérgamo (1880-1886). As súas publicacións incluíron, por primeira vez, fotografías. Escribiu, entre outras obras, Investigacións arqueolóxicas en Samotracia (1875-1880), Antigüidades de Pérgamo (1880-1886) e Descrición das esculturas antigas dos museos de Berlín (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Miniaturista e pintor. Irmán de Samuel Cooper, cultivou o debuxo e a acuarela. Viviu nos Países Baixos (1631?) onde realizou miniaturas. Posteriormente instalouse en Suecia (1647) e traballou para a Raíña Cristina e o Rei Carlos X.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Acuarelista e debuxante ruso. Formouse en Italia e cara ao 1746 trasladouse a Inglaterra. Foi profesor de debuxo en Londres. Cultivou a paisaxe, entendida como unha evocación da natureza na que participaba a imaxinación e a memoria. Escribiu A New Method of Assisting the Invention in Drawing Original Compositions of Landscape (Novo método de axuda para a invención do debuxo de composicións orixinais da paisaxe, 1785-1786). O seu fillo John Robert Cozens (Londres 1752 - 1799) foi tamén pintor e cultivou a acuarela e a paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. As súas primeiras obras foron neoclásicas, como o Ithiel Town de New Haven, despois realizou construcións historicistas gregas e góticas. Introduciu o uso do ferro na arquitectura estadounidense coa construción dunha tenda en Nova York en 1835.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do Conservative Party, entrou a formar parte do Parlamento en 1931. Foi secretario de Neville Chamberlain (1937-1939), ministro para Escocia (1951-1955), ministro de Relacións coa Commonwealth (1955-1960) e de Asuntos Exteriores (1960-1963). Sucedeu a Harold McMillan como primeiro ministro (1963-1964) e asumiu a presidencia do Conservative Party (1963-1965). Entre 1970 e 1974 ocupou de novo a carteira de Asuntos Exteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político eslovaco. En 1938 ingresou no Partido Comunista de Eslovaquia e, entre 1962 e 1968, foi secretario do seu comité central. En 1968 converteuse en secretario xeral do Partido Comunista checo. Emprendeu unha serie de reformas, coñecidas como a Primavera de Praga, co obxectivo de acadar un socialismo máis humano, mediante a liberalización do réxime. Trala intervención do exército do Pacto de Varsovia, foi destituído (1969) e expulsado do partido comunista. O proceso do cambio político checoslovaco levouno á presidencia do Parlamento federal (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fonetista e matemático. Educouse en Eton e Cambridge, onde se licenciou en Matemáticas (1837). As súas investigacións centráronse sobre todo na fonética e na acústica. En 1873, con Isaac Pitman, iniciaron as investigacións para establecer en taquigrafía o alfabeto do inglés, e baseándose no alfabeto fonotípico de I. Pitman acadaron ese logro en 1847. Cómpre destacar as súas obras The Alphabet of Nature (1844-1845), The Essentials of Phonetics (1848), On the Sensations of Tone (tradución de Die Lehre von den Tonempfindungen, de H. Helmholtz, 1863), On Early English Pronunciation (5 vol, 1869-1889) e Pronunciation for singers (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Golfista inglés. Gañou en tres ocasións o Open británico (1987, 1990 e 1992) e noutras tres o Master’s de Augusta (1989, 1990 e 1996). Xogador profesional dende 1976, no seu palmarés figuran tamén 6 títulos da Ryder Cup (1985, 1987, 1989, 1995 e 1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bacteriólogo británico. Estudiou medicina na Universidade de Londres e foi profesor de bacterioloxía nesa mesma universidade. As súas investigacións, orientadas dende un principio cara á bacterioloxía, levárono a descubrir en 1921 un enzima, o lisozima, substancia antibiótica que se atopa na saliva, nas lágrimas e na clara do ovo, e que o puxo no camiño do seu gran descubrimento: a penicilina (1928). Non obstante , mediou un período de once anos ata que en 1939 un equipo de investigadores, dirixidos por Horward Florey, lograran illar e producir a penicilina en cantidade suficiente para o seu uso. Foi membro da Royal Society de Londres e doctor honoris causa de numerosas universidades: París, Roma, Harvard, Madrid, etc. Realizou numerosos traballos sobre inmunoloxía, bacterioloxía e quimioterapia. En 1945 recibiu, con E. B. Chain e H. W. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía como descubridor das propiedades bactericidas do fungo Penicillium notatum. Considérase...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador inglés. Licenciado na University of Oxford, foi profesor de historia na University of York (1969-2001). Centrou os seus estudios na tardoantigüidade e na alta Idade Media. Colaborador de, entre outras publicacións, Historical Review, Bulletin of Hispanic Studies e Times Literary Supplement. Das súas obras destacan The episcopate in the kingdom of León in the twelfth century (1978) St. Jame’s Catapult: The life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (1984) e The conversion of Europe. From Paganism to Christianity 371-1386 (1997). Foi membro da Royal Historical Society de Londres e galardoado en 1989 co Wofson Literary Award for History e en 1990 co Los Angeles Book Prize for History.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Iniciou o seu traballo no mundo gráfico no periódico Sentinel de Glasgow, onde foi director. En 1856 trasladouse a Nova York para colaborar con Matthew Brady. Posteriormente, reuníronse con outros fotógrafos para obter imaxes da Guerra de Secesión norteamericana. Ao remate foi nomeado fotógrafo oficial da Armada do Potomac e a partir de 1867 traballou na compañía do ferrocarril da Union Pacific. As imaxes que obtivo expúxoas na súa galería de Washington dende 1873. Publicou Gardner’s Photographic Sketch Book of the War (1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Efectuou achegas fundamentais a diversos campos da matemática, primeiro na análise funcional (teoría dos espacios nucleares), e despois na súa obra monumental e inacabada, escrita en colaboración con J. Dieudonné, Éléments de géometrie algébrique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político estadounidense. Foi conselleiro militar da presidencia de EE UU (1973-1974), comandante en xefe da OTAN (1974-1979) e secretario de estado (1980-1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Secretario de George Washington co que participou na Guerra de Independencia. Colaborou na creación do Federalist Party e foi ministro de Facenda (1790-1795). Escribiu The Federalist (1789) e Report on Manufactures (1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista, xeógrafo e astrónomo. Estudiou en Frankfurt, Berlín, Göttingen e Friburgo de Brisgovia. Viaxou por diversos países de Europa, do continente americano (Venezuela, Cuba, Colombia, Ecuador, Perú e México) e do continente asiático (Urais, Siberia, Altai e o Mar Caspio) Estas expedicións déronlle unha gran reputación ao redor do mundo. As súas acertadas observacións e as súas achegas científicas fixérono un dos grandes creadores da xeografía moderna, moi particularmente no ámbito da xeobotánica. Descubriu a corrente mariña que leva o seu nome. Tamén estudiou astronomía. A súa obra escrita é moi extensa, pero cómpre destacar a súa obra fundamental Kosmos (1845).
VER O DETALLE DO TERMO