"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • Calidade do que é alleable ou alienable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do que ten posibilidade de ser alleado ou alienado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de allear.

    2. Elemento que foi adquirido ou vendido en calquera das distintas formas de transacción.

    3. Aquel que ten as súas facultades mentais perturbadas.

    4. Quen está á marxe das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que allea ou aliena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de allear.

    2. Calidade do que non ten sensibilidade ou que se mantén á marxe da realidade das cousas subtraéndose aos seus problemas e renunciando a criticala ou actuar sobre ela.

    3. Estado daquela persoa que sofre algún tipo de perturbación mental.

    4. Cesión que alguén fai de calquera tipo de ben.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que allea ou aliena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento ou persoa que se torna alleo.

    2. Perder a conciencia da realidade que nos rodea e subtraerse á súa influencia.

    3. Provocar algo que alguén perda o xuízo.

    4. Transferir de calqueira maneira (cesión, doazón, etc) un determinado ben a outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo e ecoloxista norteamericano. Fixo unha contribución importante ao estudo do comportamento social, aos agregamentos e á distribución xeográfica dos animais, tanto en medios marítimos como terrestres. Escribiu Ecological animal geography (Xeografía ecolóxica animal, 1937), The social live of animals (A vida social dos animais, 1938) e Principles of animal ecology (Principios de ecoloxía animal, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río dos EE UU, na rexión apalachiana, na vertente atlántica. Nace en Potter Country e en Pittsburg xúntase co Monongahela logo dun percorrido de 514 km, formando o Ohio. Drena unha conca de 29.993 km2. O seu curso baixo é navegable e o seu caudal aprovéitase para a produción de enerxía eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso dos EE UU, na zona central dos Apalaches. Tectonicamente é a sección occidental do altiplano dos Apalaches, profundamente erosionado. Nalgúns textos o termo Allegheny aplicouse erroneamente a toda a cadea apalachense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés que salientou polas súas adaptacións de obras literarias como Sous les yeux d´Occident (Baixo os ollos de Occidente, 1936), segundo a novela de Joseph Conrad; e L´amant de Lady Chatterley (O amante de Lady Chatterley, 1955), baseada na obra de D. H. Lawrence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés, irmán de Marc Allegret. Produciu as súas obras máis ríxidas dentro da escola realista de posguerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento musical de ritmo vivaz, menos veloz que o allegro.

    2. Fragmento musical escrito neste ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Il Correggio (Correggio, Emilia ? 1489 - 1534) Formado en Mantua recibiu a influencia da obra tardía de Mantegna. A súa obra enriqueceuse co sfumato de Leonardo da Vinci e co colorismo veneciano. Seguramente foi a Roma cara ao ano 1518, onde estudiou a obra de Rafael e de Miguel Anxo. Fixo as pinturas murais da igrexa de San Xoán Evanxelista (1520-1523) de Parma; a cúpula, que representa a visión de san Xoán en Patmos, foi un precedente das perspectivas ilusorias das cúpulas barrocas. Cómpre salientar, así mesmo, a Nai de Deus de san Xerome, coñecida como O Día (1527-1528) e a Adoración dos pastores, coñecida como A Noite (1530). Os últimos anos da súa vida, fixo unha serie de pinturas sobre os amores de Xúpiter. A súa obra anuncia o Maneirismo e constitúe un importante precedente do Barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Tenor da Capela Pontificia en tempos de Urbán VIII. Escribiu o Miserere que durante moito tempo fora propiedade intelectual exclusiva da Capela Sixtina, ata que Mozart o transcribiu de memoria no ano 1770, despois de tan só dúas audicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fragmento musical de ritmo moi vivaz.

    2. Fragmento escrito neste ritmo. Adoita constituír o primeiro tempo, ás veces tamén o último, da sonata, a sinfonía e o concerto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora de Filosofía do Dereito na Universidade de Vigo. Colabora en revistas como A festa da palavra silenciada ou Política gallega, en varios volumes colectivos e na Semana Galega de Filosofía que organiza anualmente a Aula Castelao de Pontevedra. Ten realizado varios achegamentos á figura do Padre Sarmiento, que foi o tema da súa tese de doutoramento, entre os que cómpre destacar A filosofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento (1993) e a edición facsimilar de Elementos etimológicos según el método de Euclides (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director da Editorial Nigra, profesor e ensaísta. Entre os seus traballos de investigación literaria pódense citar Biografía de Ramón Otero Pedrayo (1989), Galicia: o oficio de vivir (1990), Galegos, as mans de América (1992), Eduardo Blanco Amor. Unha fotobiografía (1993), en coautoría con Víctor F. Freixanes e Eduardo Blanco Amor. Diante dun xuíz ausente (1993), premio da Crítica Galega na modalidade de ensaio en 1994. Publicou un relato no volume colectivo Contos de cine (1996) e colabora en diferentes xornais como Faro de Vigo e La Voz de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba bienal, de ata 120 cm de altura, que ole a allos ao refregala. Presenta follas cordiformes e dentadas, flores brancas en acios terminais e froitos en silicua. En Galicia atópase en sebes, bosques e lugares sombríos. Emprégase en medicina popular como diurético, estimulante e antirreumático.

    2. alleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO