"Andia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • DUCADOS

    Territorio constituído en 1561 como ducado vasalo de Polonia e hereditario da familia Ketteler. O primeiro duque foi Gotard I Ketteler ou Gotardo I de Curlandia (morto en 1587), duque de Semigalia e derradeiro gran mestre da orde teutónica en Livonia. En 1737, a viúva do duque, que logo sería a Tsarina Anna I Ivanovna, deulle o ducado ao seu favorito Ernesto Xoán I de Curlandia, conde e príncipe de Biron (morto en 1772). O fillo deste, o duque Pedro I, vendeulle o ducado a Rusia en 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado colombiano. Vinculado ao Partido Liberal (PL), ocupou diversos cargos administrativos como ministro de Interior (1934-1935, 1937, 1942 e 1948-1949), de Asuntos Exteriores (1934-1935) e de Educación Nacional (1935-1936). Ocupou interinamente a presidencia da República entre novembro de 1943 e maio de 1944, e foi novamente ministro de Xustiza (1966-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Curlandia (1737-1772). De nome Ernst Johann Biron, foi favorito da Emperatriz Ana I e cando esta morreu ocupou a rexencia durante a minoría de Iván VI (1740). A hostilidade da nobreza provocou o seu desterro a Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión fisiográfica do N de Europa que comprende o Escudo Báltico, estendida por Suecia, Finlandia, Carelia, a península de Kola e a maior parte de Noruega, afectadas polo ciclo oroxénico do Caledoniano. O nome de Fennoscandia deullo o xeólogo finlandés W. Ramsay en 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do N de Europa que limita ao L con Rusia, ao N con Noruega e ao O con Suecia (338.145 km2; 5.181.115 h [estim 2000]). O territorio inclúe as illas Åland, un arquipélago con máis de 6.000 illas, situadas no Mar Báltico. Esténdese entre os 60° e 70° de latitude N e os 19° e 32° de lonxitude L. A capital é Helsinqui.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Xeoloxicamente, Finlandia forma parte do escudo Báltico, no que influíron as alteracións que experimentou a Península Escandinava. O relevo está formado por unha gran chaira constituída principalmente por materiais graníticos e cuberta dunha gran capa de sedimentos fluviais. Non presenta grandes altitudes, sobre todo na metade meridional, onde a altitude media é de 200 m. Ao N a chaira vese alterada por pequenos cumios de 700 m. A existencia de numerosos lagos e depósitos morénicos son o resultado da glaciación cuaternaria. A costa que corresponde ao golfo de Botnia e Finlandia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Brazo do L do mar Báltico limitado, ao N, por Finlandia, ao L, por Rusia e, ao S, por Estonia (29.500 km2). Formado no Terciario, ten 430 km de lonxitude, entre 60 e 120 km de largo e unha profundidade máxima de 115 m. A costa é moi accidentada, especialmente a finlandesa. Os principais portos son Helsinqui, Kotka, Vüpuri, San Petersburgo e Tallinn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de València (56.555 [1996]). Máis do 90% das terras dedícanse aos cítricos e o resto aos produtos de horta (en especial cebolas, melóns e tomates). O retroceso na exportación destes produtos por vía marítima e a súa substitución polo ferrocarril e polos camións fixo que o porto perdera o papel de centro exportador de cítricos e tan só se mantivera como porto importador de papel e maquinaria. As empresas de transporte por estrada e as actividades industriais relaciónanse de maneira directa ou indirecta coa agricultura. Destacan as alimentarias e de embalaxes para froita; o subsector da madeira e o moble é tamén importante, así como o dos transformados metálicos. A construción tomou forza a raíz do desenvolvemento do turismo e localízase na franxa marítima do concello que comprende a praia de Gandía e de Venecia. O sector turístico é moi importante para a economía do concello. É un importante nó de comunicacións, ten estación de ferrocarril a València, e autoestrada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Relixioso franciscano, da súa produción destaca Elorri (1962), Hiru gizon babarka (1974), Udabatez Madrileu (1977) e Denbora galdu alde (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo en desuso equivalente ao Siluriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Gotlandiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da rexión polar ártica (2.175.600 km2; 55.986 h [estim 2001]). A capital é Nuuk, tamén chamada Godthåb (14.042 h [2001]). Depende administrativamente de Dinamarca.
    Xeografía
    Ó O está separada dos territorios árticos americanos polo estreito de Baffin e limita ao L e ao N co mar de Groenlandia e o Atlántico Norte, respectivamente. Ten forma alongada e esténdese no sentido da latitude, do cabo Morris Jesup, ao N, ao cabo Farvel, ao S. Desde o punto de vista estrutural, forma parte estrita do escudo laurentiano. Unha depresión tectónica divide a illa en dous altiplanos principais, un ao S e outro ao N, cubertos desde o Cuaternario por unha masa de xeo, que se estende aproximadamente polo 85% do territorio, formando un vasto inlandsis. As zonas costeiras libres de xeo presentan os accidentes típicos da erosión glacial con fiordes. O territorio acada altitudes superiores aos 3.000 m; a máxima altitude é o Gunnbjørn Fjeld (3.700 m)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar situado ao L de Groenlandia, que limita ao N co Ártico, ao S polo estreito de Dinamarca (entre Islandia e Groenlandia), e ao L polas illas Svalbard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de Europa, situado ao S do Círculo Polar Ártico, entre o Océano Atlántico, ao S, o Océano Ártico, ao N, e o mar de Noruega, ao L (102.819 km2; 282.000 h [2001]). A súa capital é Reykjavik.
    Xeografía física
    Islandia caracterízase polo vulcanismo e o glaciarismo. Ten numerosos cráteres volcánicos, como o Hekla e o Laki. As coadas de lava bloquearon moitos vales e orixinaron lagos, como o de Thingvellir. Tamén abundan as surxencias de augas termais, algúns auténticos chafarices como o de Geysir, ao S da illa, que deu nome a este tipo de fenómeno (geyser). Entre os glaciares, que ocupan a oitava parte do territorio, destaca o de Vatnajökull, ao SL. As erupcións producidas sobre un glaciar provocan violentos desxeos e as correntes de auga estenden ao pé dos glaciares potentes capas de aluvións. O clima é de tipo oceánico subártico, húmido. A flora é de carácter boreoalpino europeo. Un piso inferior, subártico,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área depresionaria da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio boreal, centrada habitualmente entre os 50° e os 75° de latitude N sobre o Atlántico noroccidental, entre Groenlandia e Islandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de santa Uxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, tres bastos de ouro, colocados dous en aspa e o terceiro cruzado en pao, acompañados en punta dun lebreiro de prata, pasante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo auxiliar de Toledo (1652), bispo de Almería (1662-1672) e Astorga (1672-1674). Cóengo e provisor de Mondoñedo, foi gobernador eclesiástico de Santiago de Compostela e prior de Santo Agostiño de Caaveiro, e exerceu como chanceler das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (15.456 km2; 136.317 h [1983]). A capital é Mandiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou un importante labor de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Ademais, publicou diversos capítulos en obras colectivas e numerosos artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Das súas obras destacan Loureses, antropoloxía dunha parroquia galega (1984), Las serpientes contra Santiago (1989), Que enterren o meu corazón en Loureses (1992), El valle de Josafat, un fresco de la España actual (1993), O ciclo da vida (1998), en colaboración con Fina M. Antón, En cueros vivos. Pensamiento de C. J. C. sobre el hombre (2002) e O burro (2002). Forma parte da Societé des Étudiés Euroasiatiques, da Societé de Mythologie Française e da EASA (European Association of Social Anthropologists). É membro fundador de EURETHNO (Organización de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo protectorado británico de África Oriental, independente desde 1964 co nome de Malawi.

    VER O DETALLE DO TERMO