"Apis" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 26.

  • Deus supremo do Exipto ptolemaico, froito da identificación de Osiris-Apis, co deus Serapis de Sinope, adorado polos gregos. Esta identificación satisfacía as necesidades relixiosas de Ptolemeo I Soter (304-283 a C), que necesitaba un deus nacional para unir a poboación autóctona ou exipcia e a grega. Tiña trazos exipcios, de Osiris e Apis, e gregos, de Zeus, Dionisos e Asclepio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das brasicáceas, ao que pertencen as especies S. alba (mostaza ou mostaza branca) ou S. brava (mostaza brava).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cataplasma que se prepara con fariña de mostaza e auga tépeda a partes iguais. Foi empregada como excitante do centro respiratorio e do corazón.

    2. Sinal que queda na pel no lugar onde se aplicou esta cataplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde de Trapa.

    2. Monxe da orde de Trapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome babilónico de Noé. As súas xestas nárranse no poema de Gilgameš. Mentres adoraba o deus Ea en Šuruppak, recibiu deste o encargo de construír unha arca, na que se salvaron el, a súa familia e numerosos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano e inquisidor. Reprimiu a herexía husita en Alemaña, Bohemia e Hungría, e perseguiu duramente os xudeus de Europa Central. Predicou a cruzada contra os turcos e conseguiu a liberación de Belgrado (1456). A súa festividade celébrase o 25 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO