"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Filme norteamericano dirixido en 1979 por Francis Ford Coppola e interpretado polos actores Marlon Brando e Charlie Sheen nos papeis protagonistas. Trata os desastres da Guerra do Vietnam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do xineceo formado por carpelos totalmente independentes; cada un deles forma un ovario. Aplícase tamén ás flores e froitos correspondentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito orixinado a partir dun xineceo apocárpico. Ten o aspecto dunha aglomeración de pequenos froitos, libres entre eles, que poden ser núculas (amorodeira), drupas (silva), folículos (chaveira), etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Retorno final de todas as criaturas intelixentes á situación primixenia, segundo algúns teólogos e pais da Igrexa, ao tempo que se reconcilian con Deus. Esta doutrina foi ensinada por Gregorio de Nazianz, Teodoro de Mopsuestia e Xoán Escot Eriugena. Profesárona algúns anabaptistas moravianos e cristadelfos e, máis recentemente, algúns adventistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparado con fins curativos elaborado con substancias vexetais.

    2. Calquera bebida desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das apocináceas.

    2. Planta da familia das apocináceas.

    3. Familia de arbustos ou herbáceas integrada por uns 180 xéneros que comprenden unhas 1.500 especies, a maioría delas son de distribución intertropical. Son empregadas como ornamentais e como produtoras de látex, que é velenoso no caso da cangroia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao apocito, que ten a calidade de apocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula non animal con diversos núcleos que proceden da división dun núcleo inicial único. Cada núcleo centra a actividade dunha porción do citoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éter monometílico da apomorfina co grupo metoxi en posición 10. Obtense da codeína por deshidratación. Emprégase en forma de clorhidato como expectorante, emético, hipnótico e purgante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acurtar por apócope, xeralmente unha palabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Supresión dunha parte do final dunha palabra. Pode comprender un só fonema ou ben máis dun. É un fenómeno característico na evolución das linguas románicas dende o latín, aínda que ten un alcance máis xeral nunhas ca noutras. O fenómeno rexístrase en galego, entre outras, nas seguintes voces: PLANU > chan, BONU > bo, INDE > ende (arc) > én (arc), MULTU > moi, etc. Nas locucións adverbiais: AD SALTU > ao chou, IN COLLU > en col de, AD/IN CASA > en/a cas de, AD BONA FEDE > abofé; ou na interxección: HOME > ho! / hom!. Tamén algunhas fórmulas de tratamento teñen a súa orixe en formas apocopadas: DOMINU > dono > don, FRATRE > frade > frei); e mesmo algúns nomes propios presentan unha variante apocopada: MARTINU > Martín (medieval), PELAGIU > Pai (medieval), RODRIGO > Roi, FONTE SACRATA > Fonsagrada,...

    2. Ferida que comporta a perda dunha parte do organismo. Fálase sobre todo de apócope cando hai unha ablación total ou parcial dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non auténtico, finxido ou do que se dubida sobre a súa autenticidade.

    2. Documento, texto ou libro sobre o que se dubida en canto á súa atribución, procedencia, data e, en xeral, sobre a súa realidade.

    3. Cada un dos libros relixiosos que non se consideran canónicos. Os católicos chaman ‘apócrifos’ aos escritos que se parecen aos canónicos polo seu tema ou pola súa atribución a un autor inspirado. Os protestantes chámanos pseudoepigráficos, considerando apócrifos os libros do Antigo Testamento que só se conservan en versión grega e faltan no canon xudeu do s I: os libros de Tobías, de Xudit, da Sabedoría, o Eclesiástico, o de Baruc, Macabeos I e II e algúns capítulos dos de Ester e de Daniel; estes libros, denominados deuterocanónicos polos católicos, pasaron a facer parte do seu canon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise de todo tipo de secreción glandular na que os produtos segregados se concentran nun extremo libre da célula e se eliminan xuntamente cunha porción de citoplasma da célula secretora, como na glándula mamaria.

    2. Nome xenérico que designa unha glándula sudorípara que verte a súa secreción nun folículo piloso ou nun orificio pilosebáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nas igrexas orientais, legado ou representante diplomático dos patriarcas cerca doutros patriarcas, cortes imperiais ou organismos e personaxes correspondentes. A partir do s IX adquiren carácter de legados permanentes.

      1. Dignatario encargado de trasmitir os decretos e rescritos do Emperador bizantino ás provincias.

      2. Mandatario dos papas ou outros eclesiásticos próximo do Emperador bizantino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao sistema óptico que ten corrixida a aberración cromática polo menos para tres cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das invaxinacións da cutícula dos artrópodos, o seu conxunto que forma o endoesqueleto, e nas que se insiren os músculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de rilladores, da familia dos múridos, propios de ambientes arborados que agrupa ratos de ollos e orellas grandes, co rabo e as patas proporcionalmente longas que favorecen o desprazamento mediante pequenos saltos. Na Península Ibérica están presentes o rato de campo e o rato da fraga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De moito poder.

    2. Persoa a favor da que se outorgou un poder, que o acepta, e en virtude do que pode actuar legalmente en nome e en interese do poderdante, dentro dos límites das facultades conferidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apoderar ou apoderarse.

    2. Acción e efecto de entregar un poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Outorgar poderes a alguén.

    2. Poñer a alguén ou algunha cousa baixo o seu poder, tomar posesión del violentamente.

    VER O DETALLE DO TERMO