"Arón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 124.
-
PERSOEIRO
Compositor e laudista alemán. Ademais de ser autor de numerosas composicións para laúde, escribiu no 1727 un tratado sobre o laúde e os seus intérpretes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Porto do Son baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Está situado na parroquia de Baroña (Porto do Son). Trátase dun asentamento marítimo construído sobre unha península que ocupa na súa totalidade, polo que a morfoloxía da planta está condicionada por ese feito. Estivo ocupado entre o s I a C e a fin do s I d C. Estaba rodeado por dúas murallas: da exterior, duns 35 m de longo, arrincaban outras dúas murallas cara ao núcleo central; a interior, que rodeaba o poboado, só permitía o acceso ao recinto habitacional a través dunha única porta. No castro hai ao redor de 20 vivendas de formas circulares ou alongadas e de paredes rectas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Narcose obtida pola inhalación dunha mestura anestésica de presión superior á presión atmosférica. Emprégase nas intervencións cirúrxicas que implican a abertura dunha pleura.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Realizou adaptacións cinematográficas de varias obras literarias. Triunfou especialmente con Le père Goriot (O tío Goriot, 1922) e en Nêne (1923). Dirixiu tamén La maison de l´Espoir (A casa da esperanza, 1916), Pêcheurs d´Islande (Pescadores de Islandia, 1924), La duchesse de Langeais (A duquesa de Langeais, 1942), Les mystères de Paris (Os misterios de París, 1943) e Rocambole (Chiste, 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no val de Monterrei, entre os concellos de Monterrei e Verín, que aínda tiña vida conventual no século XII. Non se conserva ningunha documentación relativa ao mesmo.
-
CUMIOS
Cumio da serra da Edreira, na parroquia de Castro de Laza (concello de Laza). Ten 1.406 m de altitude máxima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista italiano. Entrou no mundo dos economistas, influído pola escola de Lausana e, en especial, por Léon Walras, co artigo “Il ministro della produzione nello Stato Collettivista” (O ministro da produción no estado colectivista, 1908), onde desenvolveu as ecuacións do equilibrio xeral aplicado ao socialismo, de xeito semellante ao que Walras fixera para o capitalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Muller que posúe o título de barón.
-
Dona dun barón.
-
Nalgúns países, filla dun barón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
No Reino Unido, nobre de rango inmediatamente inferior ao barón. Este título é hereditario e leva consigo o uso do apelativo sir. Foi creado en Inglaterra por Xurxo I no 1611 para financiar a colonización do Ulster; estendeuse a Irlanda no 1619 e no 1625 instaurouse en Escocia.
-
-
Territorio ou lugar sobre o que exerce a súa xurisdición un barón ou unha baronesa. Na xerarquía feudal figuraba por debaixo do vizcondado na xerarquización da aristocracia leiga.
-
Título ou dignidade de barón.
-
Demarcación feudal posuída por un barón; este exercía funcións xurisdicionais, absolutas nalgunhas rexións europeas, e dun carácter máis restritivo noutras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un barón ou a unha baronía.
-
PERSOEIRO
Cardeal e historiador italiano, chamado propiamente Cesare Barone. Foi superior do Oratorio de San Filipo Neri (1593) e confesor pontificio (1594). A súa principal obra son os 12 volumes dos Annales eclesiastici (Anais eclesiásticos, 1588-1607), historia da Igrexa ata 1198, continuada por diversos autores, que acadou vinte e unha reedicións completas; escrita en ton apoloxético como resposta ás Centuries de Magdeburg, representou, non obstante, un avance na crítica histórica. Publicou un Martyrologium romanum (O martiroloxio romano, 1586).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Iniciou a súa andaina coa peza Eugénie (1767) logo de ter escrito varios xoguetes cómicos que serían representados no castelo da familia dos Pompadour. Procesado por falsificación, escribiu as catro Mémoires (Memorias 1773-1774), modelos de panfleto e de sátira social. En 1775 o Teatro da Comedia Francesa presentou un espectáculo baseado na súa peza La précaution inutile ou Le Barbier de Séville (A precaución inútil ou O barbeiro de Sevilla) que, despois dalgúns arranxos, se converteu nun éxito de público e crítica. Nesta peza presenta a Fígaro, un criado intelixente e buscavidas que será o personaxe central de La folle journée ou Le mariage de Figaro (A xornada tola ou As vodas de Fígaro), estreada con notable éxito na Comedia Francesa en 1784, logo de ser censurada en 1781 por constituír unha aceda sátira política da sociedade da Francia prerrevolucionaria. Esta última peza sería o pretexto para un espectáculo homónimo estreado pola compañía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Voceiro do Bloque Nacionalista Galego” que apareceu en febreiro de 1989. De periodicidade irregular, informaba sobre a zona que abrangue o concello de Narón e tamén sobre cuestións de urbanismo, saúde, ecoloxía, etc. Nalgún número inseriuse algunha páxina cultural. Esta publicación ía ilustrada con fotografías e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pertencentes á liñaxe dos Prado, á súa casa atópase en San Xulián de Campo, concello de Taboada, partido xudicial de Chantada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forno ao aire libre, en forma de fosa circular, usado para a extracción de xofre.