"Arante" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 28.

  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Pelé, en 1956 ingresou no Santos, club de São Paulo co que gañou dúas edicións da Copa Libertadores (1962 e 1963), da Copa Intercontinental (1962 e 1963) e cinco títulos consecutivos do Campionato de Brasil (1961-1965). É o único xogador da historia que logrou tres triunfos na Copa do Mundo, en Suecia (1958), Chile (1962) e México (1970). En 1995 foi nomeado ministro extraordinario de Deportes de Brasil e en 2000 a FIFA nomeouno mellor xogador do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de San Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Foi construída en estilo románico no s XII e reconstruída a finais do s XVI. Ten planta rectangular. A ábsida é cadrada e comunícase cunha pequena sancristía dun lado e coa capela-panteón dos condes de Torre Penela. O arco triunfal, de medio punto dobrado, descansa sobre dúas columnas. En 1650 construíuse a capela-panteón de planta hexagonal, cuberta con bóveda de casetóns. No interior destacan as esculturas funerarias dos primeiros condes e dos seus inmediatos sucesores (1719). Conserva brasóns no interior e no exterior do edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza e música de movemento moi vivo, tradicional no S de Italia desde o s XIV. Orixinaria de Tarento, a lenda relaciónaa coa picadura da tarántula. A miúdo escríbese en compás de 3/8 ou de 6/8 e ten notables afinidades co saltarello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘alcalde’.

    VER O DETALLE DO TERMO