"Argan" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 35.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Moraña baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada en Moraña, nun descampado dun pequeno bosque, que presenta dificultades á hora de ser interpretada como resto prehistórico debido á ausencia de restos arqueolóxicos na zona onde se asenta. Cunhas dimensións de 1,90 m de altura, 0,44 m de ancho e un grosor de 0,25 m, presenta na súa superficie granítica varios gravados e máis dunha vintena de coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Moraña. Da primitiva construción románica só conserva o muro S e a ábsida, pois a nave sufriu moitas transformacións. A ábsida únese á nave cun cóbado a xeito de contraforte. Consta dun tramo recto e doutro semicircular dividido en cinco panos por catro columnas entregadas erixidas sobre un podio. No pano central consérvase un rosetón con chambrana de cinco fileiras de tacos, arquivolta lobulada, lóbulos en arco de ferradura e celosía perforada. Nos panos contiguos hai ventás semicirculares con celosías perforadas. O arco triunfal é de medio punto apoiado en columnas entregadas con capiteis vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cantar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colar fino e curto que queda cinguido ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xigante, pai de Pantagruel, na novela homónima de Rabelais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘longo, outo, grande ou moito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión dun espacio.

    2. Espacio amplo que se ten nunha casa ou nun terreo.

    3. Tardanza na execución dalgunha cousa.

    4. Confianza que se dá para obrar con liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A pesar de, así e todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Kerkenna Arquipélago da costa de Tunisia, fronte a Sfax, formado polas illas de Rharbi, Chergui, Kerkenna e un grupo de illotes. Conquistadas polos cataláns en 1286 foron sempre gobernadas conxuntamente coa illa de Gerba. En 1335 foron reconquistadas polos tunisianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos lepidópteros, con ás triangulares e antenas longas. A especie S. pilleriana é a causante dunha das pragas que poden afectar á vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra hidráulica máis importante do mundo situada sobre o río Iang-Tsé que abrangue desde Chongging ata Hubei, China. A construción do proxecto comezou en 1993, e supuxo un grande investimento para a obtención dunha capacidade combinada de 18,2 millones de kW. A presa das Tres Gargantas obrigou a máis de 1.130.000 persoas a abandonar as súas casas, o que se converte no reasentamento máis grande da historia producido pola construción dunha presa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • alado ou parede que separa as cortes dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO