"Argas" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 26.

  • Estado de Venezuela (1.497 km2; 298.109 h [2001]). A súa capital é La Guaira (19.359 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista peruano. Deuse a coñecer co libro de contos Los Jefes (1958, Premio Leopoldo Arias), e destacou na novela, traducida a moitas linguas, coa que reflicte diversos aspectos da sociedade peruana, como en La ciudad y los perros (1962, Premio de la Crítica Española), La casa verde (1965, Premio Nacional de Literatura de Perú, Premio de la Crítica Española e Premio Internacional Rómulo Gallegos 1967), Conversación en la catedral (1969), Pantaleón y las visitadoras (1973), La tía Julia y el escribidor (1977), La guerra del fin del mundo (1981), Quién mató a Palomino Molero? (1986), Elogio de la madrastra (1988), Lituma en los Andes (1993, Premio Planeta) e La fiesta del chivo (2000). Realizou tamén crítica literaria e publicou obras de teatro e ensaios, como Gabriel García Márquez: historia de un deicidio (1971) e a autobiografía El pez en el agua (1992). Foi candidato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Artista impresionista, a súa obra destacou polo intimismo, o dominio do debuxo, e os retratos realizados en tons ocres. Pintou Estudio, Doñana e Marina. Recibiu a medalla de bronce da Exposición Nacional de Bellas Artes (1948) e a de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na represión do alzamento dos Países Baixos. Comandou o exército que Filipe II enviou a Aragón para sufocar os disturbios motivados pola persecución Antonio Pérez (1591).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político brasileiro. Presidente de Brasil (1930-1945 e 1950-1954), foi deputado (1922), ministro de Finanzas (1926) e gobernador de Rio Grande do Sul (1928). Participou no golpe de estado de 1930, e foi nomeado presidente provisional. Instaurou un réxime populista (o Estado Novo) e socializante que combateu á vez o poder das oligarquías e dos comunistas. Deposto por un golpe de estado de signo constitucional proestadounidense (1945), en 1950 volveu á presidencia co apoio dos laboristas e dos comunistas, pero a crise económica impediulle volver á política populista. Ao esixir o exército a súa dimisión, suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Perin del Vaga, foi un dos introdutores do manierismo romano na Península Ibérica. Das súas obras destaca o retablo do Nacemento (1955) da catedral de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO