"Aube" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 24.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico brasileiro. Adscrito ao movemento do Cinema Novo e redactor do seu manifesto teórico, A estética da fome, o seu inconformismo levouno a producir un cine baseado na estética da violencia e que reflicte a problemática do seu país. En 1969 foi premiado no Festival de Cannes por Antonio das Mortes (1968). Destacan os seus filmes Barravento (1962), Terra em transe (1966), Cabezas cortadas (1970), Historia do Brasil (1973) e A idade da terra (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico canadense. Traballou na determinación dos fundamentos da reactividade dos complexos en química inorgánica, en particular, sobre as reaccións de transferencia de electróns en complexos metálicos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico polaco. Foi profesor na Universidade de Berlín, destacou como clínico experto na exploración dos enfermos e na valoración do síntoma da febre e foi o fundador da patoloxía experimental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Profesor de filoloxía latina medieval en Múnic. Escribiu unha edición dos Poetae latini aevi carolini (1886-1896). Dedicouse especialmente a Tito Livio (1904) e traballou tamén sobre a historia da regra de san Bieito (Textgeschichte der Regula S. Benedicti, 1898). Escribiu ensaios sobre a historia da literatura medieval (O Roma nobilis, 1891) e investigou sobre as fontes da literatura medieval xermánica.

    VER O DETALLE DO TERMO